Caxigalines nella Reguera'l Campizu

2 luglio 2007

DISPARATE MUNICIPAL


A escasos días da elección de alcalde, un pleito insólito, que promete divertir á cidadanía viguesa, entretén aos dous partidos de goberno: qué parte da cidade lle corresponde a cada un. Como o reparto de concelleirías ofrecía a singularidade de que os socialistas eran responsables de urbanismo e vivenda mentres o BNG quedaba con patrimonio histórico e, polo que se ve, casco vello e Bouzas, discuten estes días cal vai ser a liña divisoria entre eles. Pero non de competencias, senón xeográfica. De tal xeito que uns serán responsables dunha parte da cidade e outros doutra parte. Eu, desde logo, nunca tal vín. Pero como estamos no primeiro mes de Caballero I e Dominguez II, albergo esperanzas que verei cousas aínda máis disparatadas.

2 commenti:

Anonimo ha detto...

Esta é a nova moda: governos paralelos. Esto para tí, esto para min. O lóxico sería poñerse de acordo no programa, inda que fora nun programa de mínimos para tirar os 4 anos que teñen diante: quén levara qué sería un asunto secundario, importante sen dúbida, pero secundario. Pero resulta que non. Agora repártense as concellerías (e polo que vexo tamén os barrios) e por tanto os cartos a gastar e as influencias, e ala, cada un polo seu lado, a ver quen "transmite" máis ao electorado.
Non imos a ningún lado.

R.R. ha detto...

¡Nós non!