Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 maggio 2008

DE BURROS E PAVOS


Un dos servidumes da vida académica é aturar. Ía poñer un complemento directo, pero mellor deixalo así. Aturar, así sen máis. Xa falei aquí do ghichiño que se empeña en desmentir as súas bondades no estrado co seu estrume nas distancias curtas. Entre os creadores esa especie abunda, así como entre as xentes que se dedican a disciplinas de escasa entidade que, por suposto, non mencionarei. Eses charráns (esa espléndida palabra que miña nai usa con especial pericia) venden fume extraido do fume; adoptan, por non seren descubertos, unha pose entre divine e displicente; soltan, con sentencias fabricadas co tempo e afiadas polo costume, unha panoplia de lugares comúns con ínfulas sacramentais. Padecen, aínda hoxe, cando certas verdades xa racanean, de soberbia petulancia, coa práctica dun esnobismo de todo a cen consistente en iren celebrando toda cousa bizarra que todo quisque, salvo el , ignora. Teño que confesar que había tempo que non vía exemplares desta caste, pero onte topei cun par deles que competían sobre cal dos dous dicía a pedantería máis insólita. Por un momento, crin ver miles de ollos entrelazados nunha única cola dun par de pavos ben reais.

7 commenti:

Anonimo ha detto...

Estrado e estrume fan unha boa aliteración, e charrán é todo un descubrimento.
En realidade, eu pasaba por aquí para agradecerlle outras palabras súas, na de R.R., a todas luces esaxeradas. Saúdos

R.R. ha detto...

¿Un charrán non é un paxaro, a andoriña do mar? Polo demáis, cómo me gusta cando traba, señor dos Piñeiros.

¡Fraga, as que vostede merece! ;-D

Señor Arumes, botóuselle en falta. Tanto é así que o subconsciente ou o inconsciente ou o nonseiquecarallociente treizooume e aparecín perdido na Chavasqueira antes de chegar ó Campus...

torredebabel ha detto...

pero como????? vostede traballa na mesma universidade ca min?????

Anonimo ha detto...

Ai, os pedantes. Non os aturo.

Anonimo ha detto...

E logo de qué peroraban os susoditos.

Nuca ha detto...

Joder, veña, caña, caña, caña.

Diga nomes, Arume, diga nomes.

Torredebabel, penso que Arumes debe traballar na mesma Universidade ca nos

R.R. ha detto...

¡Que no diga, e peke tampouco, que a ver se nos cae!