Hoxe comeza a matraca futboleira e patriótica. Eu, que amo o fútbol desde que me puxen de pe, detesto todo o que rodea ese mundo. Eu disfruto cos partidos, co espectáculo. Pero non aturo ese verbeneo (do que vive medio país) que se monta ao seu redor. Ver xogar ben ao balompé é unha das delicias deste mundo, pero escoitar a calquera protagonista desas fazañas (agás Cruyff, por descontado) mete medo. Se a iso se engaden, durante os días das eurocopas ou copas do mundo, as especies patrióticas, o vómito xa é seguro. Por iso eu sempre prefiro unha champion league (entre clubes, por moitos cartos que teñan: a min eso da forza das colores xa me pasou) ou un atlético madrid-sevilla ou un inter-roma ou, por suposto, un manchester-liverpool antes que calquera deses simulacros bélicos en que converten ás veces os campionatos inter-nacionais.
Falta un mes para que comecen os partidos: un mes de horror que prometo non visitar. Pero vai ser difícil ler un xornal sen ter polo medio o calibre da mexada do Torres, os milímetros de fisura muscular na cara interna do músculo de Puyol, ou os problemas sicosomáticos ou cos mocos de Casillas.
Na fotografía a famosa dianteira do Santa María F.C., Elvira C.C., nun dos seus caneos máis coñecidos. Fotografía do seu pai, O'Cesarín.
6 commenti:
Non me faga falar de jurgol, por favor. Dame noxo, xa o sabe
Eu son dos seus, disfruto o fútbol e detesto o futboleo. Xa o futboleo patriótico... ¡Uf!
Por certo, na foto vese ben que ese é o momento no que ó pobre do defensa se lle escorda a coxa da cadeira co regate da C.C.
Arume: escríbeme. Preciso falar contigo.
Rubén: por iso lles chaman crack, polo ruído que provocan nos defensas.
Sinto disentir. O fútbol e o millor remedio para a saúde, a paz social e o optimismo. Senón que llo pregunten a ZP.
Teña coidado Arume ó Brétemas quere lialo para un facer un Elefant Blanc en Balaídos.
Non sei se se enteirou desta celtibérico-escacharrante noticia?
http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2008/05/20/0003_6833725.htm
Saúdos, sr dos piñeiraes.
Posta un commento