Caxigalines nella Reguera'l Campizu

1 febbraio 2009

CECILIA NA PONTE MILVIO


Na Ponte Milvio os e as adolescentes romanos/as deixan pendurados candados como proba de amor. Non é unha tradición antiga: é moda recente promovida polo éxito de ventas do libro do Federico Moccia, un autor/fenómeno de masas xuvenís en Italia. O libro acaba de aparecer (o 27 de Xaneiro) traducido nas librerías española (Tengo ganas de ti: Ho voglia di te) e conta esta pequena anécdota do candado prendido nas cadeas da ponte. 
Non sei que pode ter o libro, unha auténtica novela sentimental do século XXI: eu só sei que a miña filla maior (que resume brevemente o contido: atópanse, coñécense, namóranse, déitanse e rematan ben ou mal segundo os casos)  devorou os dous anteriores nunha tarde e este non o deixa ata que o remate. 

2 commenti:

Nuca ha detto...

Na catedral de México DF hai unha chea de candados. Un por cada desexo de pecharlle a boca a alguén. Son fabulosas as declaracións que se poden ler nas fitas.

http://images.google.es/imgres?imgurl=http://farm2.static.flickr.com/1406/534951571_87afa7ccec.jpg%3Fv%3D0&imgrefurl=http://flickr.com/photos/15796638%40N00/534951571&usg=__mkWeJL8RoQ99u1VugxbiALcqwys=&h=375&w=500&sz=155&hl=es&start=22&sig2=gibVg3W1ZFcnvnBmr_PobA&um=1&tbnid=t8OpQC__JcIVrM:&tbnh=98&tbnw=130&ei=mnaHSbaTM4Wo0gX33PSaAg&prev=/images%3Fq%3Dcandados%2Bcatedral%2Bmexico%26start%3D18%26ndsp%3D18%26um%3D1%26hl%3Des%26sa%3DN

Anonimo ha detto...

Quería antes de comentalo atopa-la foto que fixen hai anos, pero n´a pas posible.
Resulta que no xardin de San Fernando de Lugo, que arrodea o cuartel de igoal nome, os soldados cando se licenciaban deixaban o candado da súa taquilla pechado na malla de ferro que bordea o xardín.
Sempre me pareceu orixinal, pechar un anaco da túa vida dese modo.
Agora que o cuartel xa non vai para auditorio municipal non sei por qué lios, haberá que canda-las portas da muralla, testemuña do esquecemento en que se está a sumir a cidade. ( ¡Toma ya!, que estou en campaña).