Caxigalines nella Reguera'l Campizu

25 aprile 2010

GÜIQUÉN

Soa Foxey Lady mentres remata a fin de semana. Unha apoteose para días en troques de Nápoles. Doses creo que penúltimas de coordinación de máster (choferatos e agasallaxe incluidos), preparación duns boqueróns en vinagre o venres, de paella o sábado, de churros o domingo. Viños en bares novos -TioChán, en rep. arg.-, renovados -Nautales, en rosalía-, clásicos -Prada, onda sempre-, e pijísimos (non plus ultra, ma si mangia benissimo): La trastienda del cuatro, en pablo morillo. Copas no Van Gogh (non estaba xurxo ou non o vin), a escuras, cos gintonis iluminados de añil. Peli shayánida nos multicines norte (un oase) e sushi (yosikomo: alfonso xiii) para cear o sábado. Praia américa coma fondo de tigres e ensaladas mestas no sanjuan.
Soa agora Machine gun na illa de Wight. Axitación, con Settecento de cabeceira de adrenalina.

nota: seica houbo día do libro, mais ubi? para o das letras galegas será igual?

nota2: o clic de Settecento é impactante.

Nessun commento: