Aproveitaba eu o chat do feisbu para mandar extraordinarias parvadas ao grande amigo Medela e á grande amiga Lorena. Mandaba fotos coma a que adorna este post, cando o programa me avisa, como un grande irmán escrutador, pero recatado e pueril, de que me vai censurar os envíos, considerados sen máis "basura". Son fotos rescatadas de internet, de páxinas que google destaca da inmensa rede mundial. Pero non poden ser nin siquera trasladadas de ordenador a ordenador privadamente, por unha incrible política de represión claramente sexual.
Seguirei utilizando o feisbu e este blogger (que, como siga poñendo máis corpos como o desta fotografía, colócame unha páxina de aviso para lectores), pero vai advertido quen me lea que calquera día desaparezo do universo webeiro. Banned for ever.
6 commenti:
censura.
(Del lat. censūra).
1. f. Dictamen y juicio que se hace o da acerca de una obra o escrito.
2. f. Nota, corrección o reprobación de algo.
3. f. Murmuración, detracción.
4. f. Intervención que ejerce el censor gubernativo.
5. f. Pena eclesiástica del fuero externo, impuesta por algún delito con arreglo a los cánones.
6. f. Entre los antiguos romanos, oficio y dignidad de censor.
7. f. Psicol. Vigilancia que ejercen el yo y el superyó sobre el ello, para impedir el acceso a la conciencia de impulsos nocivos para el equilibrio psíquico.
***
A vida mesma.
Oiga, Arume... a lo mejor eso le ha pasado por no enviar la foto completa...
Al fin y al cabo, basura es: Residuos desechados y otros desperdicios. Si no hubiese enviado usted un residuo de la foto, dejando atrás lo más interesante de ella, a lo mejor...
Joder, é que esto é unha guarrada. Depravado! Vicioso! Genital!
No meu caso, o descubrimento-adicción ao facebook polo momento inclúe un afán coleccionista por apuntarme aos clubes de fans de tódalas figuras que me gustan... e non son poucas!
Daí a se pode servir para redes de intereses, debates e conseguir materiais raros dos devanditos, habería un salto que estaría ben. Fotos núas de Maiakovski non me tirarían do vezo, anque sí páxinas escaneadas da revista LEF... xD
De paso, alédome que o Palazzo Te evocara doces recordos... eu aínda o teño que visitar (3ª visita a Italia nun futuro condicional: Venecia, Siena, Mantua, quizaves Firenze de novo...).
No feisbu xa non me atrevín a apuntarme. Pero do Blóguer e do GúguelMeil botáronme unha temporada e volver acceder á miña conta levoume moitas chamadas de teléfono (paradóxicamente) e un feixe de emails que non os dou escrito nunha semana. Así que si, ande con ollo porque Turmano leva razón. Cada vez que entro neste curruncho do pecado acórdome daquela escena dO Gran Lebowsky na que a impresionante Julianne Moore falaba sobre a satiriasis...
Alégrome, pois, de ter o seu enderezo persoal.
Y sin embargo, yo cada vez que abro me feisbu me aparecen unas cuasi adolescentes de paises del este dispuestas a todo. Ye les vale.
Posta un commento