Caxigalines nella Reguera'l Campizu

10 febbraio 2009

A DIGNIDADE HUMANA


Ezio Mauro, director de La Repubblica, escribiu por nós unha desas obras de arte do xornalismo de opinión. Reproduzo un dos seus extraordinarios párrafos que constrúe por sí solo a esencia da compasión humana, unhas desas esencias morais que aínda conmoven.

O pai podería resolver o problema na sombra, como fan moito e como queren os Pilatos italianos, con tal de non veren, de non escoitaren. Podería así pechar a existencia de Eluana na moderna, silenciosa, neutra relación entre médico e familia do paciente terminal. Bastan poucas palabras, logo unha ollada cómplice, un aceno de cabeza e todo remata sen clamor. Mais o do pai, neste caso, non é un problema. É a súa mesma existencia, xunto á da súa filla, a que non saben como seguir e como resolver. É unha cousa infinitamente máis grande ca el, que o invade todo e o domina, máis alá do problema, da relación entre médico e familia, da elección silenciosa e drástica ou da condición de que nada sexa dito de verdade, nada sexa chamado polo seu nome. Esto que moitos chaman traxedia é vivido polo pai de verdade, ata o punto de berralo. Quere que os demáis o saiban. Quere que lle digan se o que fai é xusto ou equivocado. El decidiu pedir ao Estado que deixe irse a Eluana. Pide ao Estado que resposte, que se faga cargo, que non se lave as mans. Só así, levada á rúa, a traxedia daquela filla ha servir para algo, para alguén, e aqueles 17 anos han adquirir un sentido para todos, case unha ensinanza. Non sei se é xusto ou está trabucado. Semella para min un xesto de amor, supremo, que nace do profundo dunha desolación e dun abandono, porque unha e outro non sexan inútiles de todo, visto que xa son agora mesmo inevitables.  

8 commenti:

Anonimo ha detto...

Eu non sei que lle diga

Anonimo ha detto...

Eu tampouco

Anonimo ha detto...

Polo explícito das súas palabras, quero entender que optarían pola vía moderna. Pode ser. Pero aquí o autor do texto pretende entender ao outro: poñerse na pel do pai. Niso consiste boa parte da compasión humana.

folerpa ha detto...

Iso que fai o xornalista, poñerse na pel do pai, foi que non fixo ningún dos políticos italianos, co infma Cavalieri, á cabeza. E así, por esa falta de empatía, asistimos a un dos máis vergoñentos espéctaculos que lembro. Unha mágoa.

Anonimo ha detto...

"Quere que os demáis o saiban" : eu, como pai, non o necesitaría. Só necesitaría saber que a miña filla non sofre. Ir ao estado a pedir algo que non me van dar ou, en caso de que mo dean, van tardar anos, podendo facelo rápido e ca mínima dor? Como pai?
"Quere que lle digan se o que fai é xusto ou equivocado": O pai sabía ben qué era xusto e bo para a filla, tíñao claro, e se non... que me perdoe. Hai cousas que só pode decidir un.
"Pide ao Estado que resposte, que se faga cargo, que non se lave as mans": quén se lavaría entón as mans? O pai? Esa decisión de deixar ir á filla só a pode tomar o pai, por iso este caso é tan noxento, co Cavalieri e os putos curas metidos polo medio.
De tódolos xeitos penso que aquí o equivocado é o articulista, non o pai. Todas estas afirmacións do texto que traio aquí son absurdas en si mesmas.
Eu penso coma un pai e como pai digo que faría todo o posible para que a miña filla non sufrira nin un segundo. A perla da columna é:
"Só así, levada á rúa, a traxedia daquela filla ha servir para algo, para alguén, e aqueles 17 anos han adquirir un sentido para todos, case unha ensinanza".
Eu, como pai, non escribiría unha traxedia coa miña filla de protagonista. Escollería facerme o heroe sen meter ás miñas fillas polo medio. Trataría de pasar a posteridade doutro xeito. E non trataría de ensinar a ninguén algo que aprendería calquera (o mesmo Cavalieri, o puto Papa) en segundos se viran así aos seus fillos.
E repito: non critico ao pai, ao que penso que nunca se lle pasaron semellantes disparates pola cabeza, senón ao periodista, que coido dá por sentado certas cousas que non puideron ser así. Ou que eu supoño que non puideron ser así.

Anonimo ha detto...

Estando con Turmano, fago equilibrismo e entendo ó periodista. Aquelas cousas que facemos inconscientemente... ¿E se resulta que o pai é máis cristiano que o puto papa (Turmano dixit)? Non sei. Non me vou dar explicado nin quero; se eu fose o pai evitaría o sofremento, pero sendo pai outro, paréceme admirable a loita pola xustiza, a dignidade, a compaixón... Non, non me dou explicado (nin quero).

Pareceume moi interesante tamén o escrito de Roberto Saviano en El País sobre o tema:

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Pidan/perdon/Beppino/Englaro/elpepusoc/20090211elpepisoc_4/Tes

Saúdos para todos.

Anonimo ha detto...

Onte, despois de escribir o meu comentario, lin en El País a historia completa. Teño que admitir, se non o fixen xa, que non a coñecía, inda que estaba enterado do que pasaba.
Tal e como eu sospeitaba, a situación non foi querida nin buscada polo pai e, polo tanto, tal e como pensaba e afirmaba no meu comentario, o periodista/opinador columpiouse de carallo.
Polo visto, en canto se enterou da situación irreversible da súa filla, pregou que fora desenchufada, naquel momento, en privado, sen máis historias, ao que o médico que a atendía se negou. Esa, e non outra razón, foi o que o levou á loita xudicial e pública. É dicir, que se lle tivera funcionado iso que chaman "vía moderna", non tería pasado todo o que pasou, non sería un heroe, non tería dado unha lección a ninguén.
Esto non lle resta ningún valor a ese pai, co que empatizo fondamente, pero tampouco hai que dicir o que non é, nin utilizalo nunha loita (contra o Cavalieri, contra os putos curas) que nunca foi a súa. É un pai calquera que fixo o que faría un pai calquera: axudar á súa filla. Nada máis. Nada menos.

R.R. ha detto...

Ole.