Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 febbraio 2009

GLORIA NO PARADISO

Ás veces (moitas veces, a verdade, case sempre, sempre) un bocadillo de tortilla francesa con chourizo ou xamón e un bálsamo qualsiasi (preferiblemente vitícola), aos que se lles pode engadir un café transportado en termo ad hoc, tomado en certos lugares á calor dunha primavera que pide paso, vale máis ca cenmil bullis e arzakes. 
Onte foi así. E, se ademáis entre os cons iluminaba ela o paradiso, a gloria era infinita.   

2 commenti:

Anonimo ha detto...

Dende onde quitou a foto?

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Desde a Pena palmeira, creo que se chama, por riba do campo do Céltiga, ao lado mesmo do centro de investigacións mariñas.