Ás veces (moitas veces, a verdade, case sempre, sempre) un bocadillo de tortilla francesa con chourizo ou xamón e un bálsamo qualsiasi (preferiblemente vitícola), aos que se lles pode engadir un café transportado en termo ad hoc, tomado en certos lugares á calor dunha primavera que pide paso, vale máis ca cenmil bullis e arzakes. Onte foi así. E, se ademáis entre os cons iluminaba ela o paradiso, a gloria era infinita.
2 commenti:
Dende onde quitou a foto?
Desde a Pena palmeira, creo que se chama, por riba do campo do Céltiga, ao lado mesmo do centro de investigacións mariñas.
Posta un commento