Unha das estrataxemas empregadas polos dirixentes conservadores (prefiro este termo para ubicalos ollando cara o pasado) dos últimos tempos é o de soltar unha barbaridade en forma de globo (s)honda e desdicirse ao momento ou, mellor dito, tan axiña coma ven rexistrada a resposta da opinión pública. Non sei se nos libros de axuda a elites políticas figura un epígrafe dedicado a esta técnica, pero estou vendo o seu uso demasiado extendido para pensar en arroutos ocasionais. E hai que recoñecer que dá resultado, porque a opinión pública tende a glosar máis a insania có xuízo prudente. Se o susodito mira que os seus siarean a animalada pero os rivais amosan escándalo, logo o tipo repite, coa sutileza dun jondere, semellante rutido. Se mira que os da súa casa mesmo poñen faciana de estupefacción e que os outros acuden ao xulgado de instrucción de praza Castilla para presentarlle xa querella por abrir a boca, logo blasfema contra o xornalistiña de turno que recolleu mal as palabras (aínda que foran escritas nunha folla parroquial de monsignore Rocco), acusa aos demáis de torpeza auditiva ou, na maior parte dos casos, afirma que non quixo dicir o que dixo pero dixo e que se o dixera doutra vez diría outra cousa pero a mesma. Unha burda emendatio que, a pesar do que parece, ten efectos se non inmediatos si na segunda vez que semellante brutalidade se emite, porque o ouvido escandalizable desa opinión proteica e maleada afaise a calquera veleno ou insidia.
Non sei se hai tamén nos manuais de axuda a politicastres apartado para contrarrestar estas manobras, pero xa desde aquí aviso a mareantes de perdices: cando un tipo espute un lapus linguae destes desde a atalaia dun horrendo traxe forever young, fagamos como que non oimos a especie. Contemos ata tres e deixemos que transcurra limpo o branco día que temos por diante.
2 commenti:
Muchas gracias por visitar mi blog, no puedo comentar nada del tuyo por que no entiendo un pimiento...y aunque mi padre es de Ribeira, no creo que le haga gracia pasar sus ratos libres...traduciendome los blogs...jajaja...y el video del linier lo pongo en el siguiente post...¡salio hasta en el telediario! jajaja un saludo desde el Sur del Sur
Efectivamente, atina de cheo. Cando un politicastro di unha barbaridade e os medios se fan eco da barbaridade, sempre acaban dicindo o mesmo: "me están malinterpretando". Ou sexa, que eles non dixeron unha parvada, senón que es ti que o que estás apavoado.
Veñeme a testa un par de casos: "el catalán es una lengua sin proyección positiva..." e "los contagios de SID ahora son mayoritarios en las parejas NORMALES". Non hai que pensar moito para dar cuns cantos máis e sempre a mesma réplica.
Saúdos
Posta un commento