Caxigalines nella Reguera'l Campizu

29 maggio 2009

GARZÓN QUE SE ATREVE



As decisións do xuíz Garzón de empapelar a canto tirano hai no mundo e de ir ata o fondo en cuestións transcendentais para un país como a reparación dos crimes e delictos cometidos durante a dictadura suscitan en xeral (salvo que sexas familiar ou afín aos posibles emplumados) simpatía. Probablemente unha das súas pretensións sexa a de poñer (nunca mellor dito) en tela de xuízo a ocultación, mestura de esquecemento e infamia, pactada durante tanto tempo neste país. 
Ignoro se mide as consecuencias dos seus actos. Todo o mundo parece poñerse de acordo en anotar a súa extrema soberbia e o seu afán de protagonismo estelar. Eu non o coñezo: escoiteino falar algunhas veces (cunha elocuencia eso si moi empastada que eu non aturo) e sigo con certa atención as súas declaracións. Non proclamaría eu tan alto, por falta de probas contundentes, a súa megalomanía. Pero do que non cabe ningunha dúbida é de que, á marxe da persecución insidiosa e a magna xenreira que provoca en amplos círculos do poder (nomeadamente do cuarto), as súas actuacións están case sempre cheas de fisuras e de lagoas procesais que rematan moitas veces en nada. 
Non sei se ten máis interese en expoñer o caso desde un punto de vista político (o cal a min me parece tamén perfecto, porque sen iso non habería mudanza na xustiza) ca desde o punto de vista estrictamente xudicial. É posible tamén que desexe alertar sobre a dificultade que as leis, o ordenamento xurídico e as persoas que agora mesmo exercen esas funcións supoñen para a resolución de asuntos enquistados e apodrecidos na sociedade española. É posible. Pero estou con Isaac Rosa (quen, por certo, se está a convertir nunha das columnas de lectura obrigatoria) en que non parece ás veces a mellor maneira de resolvelos non asegurar o rigor do seu procedemento. E tamén estou con el en que mentres non haxa leis que permitan facer o que pretende facer con boa intención pero desigual desempeño o maxistrado Garzón os resultados van sempre nulos e, o que é case peor, frustrantes.     

7 commenti:

Iacobus Von der Stein ha detto...

Fágame caso, Garzón en calquer país dintito deste, fai vinte anos xa non era xuiz.
É unha estrela do espectáculo, que alimentou, primeiro a dereita e agora a esquerda e él xoga con eles o seu antoxo, por que sempre sabe onde posicionarse.
O do proceso o franquismo unha coña, e aínda vai resultar curioso que Manos Limpias se cargue o xuiz que investigou aos GAL

arume dos piñeiros ha detto...

Eu non creo que lle caia nada. A denuncia contra el por prevaricación ten a mesma característica de balbordo mediático cás súas decisións. Eu non o canonizo, nin moito menos, pero non acabo de entender os entusiasmos de tanta xente cando lle van mal dadas ao xuíz ubicuo.
Sobre a primeira afirmación, vostede non cre que outros moitos poderían padecer semellante consideración?

arume dos piñeiros ha detto...

IGNACIO ESCOLAR, PÚBLICO
“Tenéis que saber, queridos alumnos, que Dios ha venido dos veces a la Tierra”, ironizaba un jurista ante un grupo de estudiantes de Derecho: “La primera vez Dios nació en Belén; la segunda, en un pueblecito de Jaén”. La puya es de uno de los jueces del Supremo responsables del auto con el que la derecha quiere crucificar a Garzón, el nazareno de Jaén. ¿Su pecado? Atreverse con el franquismo.

No quiero señalar, que la prevaricación es un delito muy serio. Según la doctrina del Supremo, exige una actuación gruesa y desmedida. En el caso de Garzón, es difícil verlo así , pues otros magistrados le apoyaron cuando se declaró competente ante la denuncia contra el franquismo. El de Jaén dice estar tranquilo, pero los que le conocen aseguran que está preocupado. No le asusta la ley sino la política. Teme que el próximo paso sea intentar apartarle de la Audiencia de forma preventiva: una condena aunque luego sea absuelto.

La operación contra Garzón está siendo tan ejemplar como la Transición. El ponente del auto es el juez Adolfo Prego, hermano de la periodista de El Mundo Victoria Prego y ex miembro del CGPJ a propuesta del PP. Adolfo Prego firmó un manifiesto revisionista contra la Memoria Histórica, junto con ‘intelectuales’ de la talla del todólogo César Vidal, el ex terrorista Pío Moa o el locutor Jiménez Losantos, donde se culpaba a la izquierda de provocar la Guerra Civil. Prego también colabora con la Hermandad del Valle de los Caídos y forma parte del patronato de honor de la Fundación para la Defensa de la Nación Española, que participa en varias campañas junto a Manos Limpias, el grupo ultra que ha presentado la querella. Qué casualidad.

———

P.D. Adolfo Prego no sólo ha escrito en la revista Altar Mayor de la Hermandad del Valle de los Caídos. También ha participado en las conferencias que organiza esta asociación que, según su web, “pretende mantener viva la significación del Valle de los Caídos como expresión del dolor de España por todos cuantos murieron por ella”. En octubre de 2007, la revista Altar Mayor publicó una entrevista de Prego donde habla de lo divino, lo divino, lo divino y lo divino. Resulta clarificadora para entender qué tipo de juristas lleva el PP al CGPJ. Un par de ejemplos:

Iacobus Von der Stein ha detto...

A de que en un país serio non sería xuiz hai vinto anos?. Arre demo, e políticos, banqueiros, empresarios, profesores de Universidade, Avogados, en fin, Arume, case todos nós.

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Onde hai que asinar iso, amigo Delapierre?

balonga ha detto...

Non me saxan requintados nas esixencias, ou pode que non atopen ningún país serio, pois a mín paréceme que moito onde escoller non hai.

ms ha detto...

Todo este rollo das dúas Españas que nos teñen que "helar el corazón", dos xuices de "Manos Limpias contra Garzón, de El Mundo contra El País por ver quen vende máis periódicos, así como as latricadas da Cope e de Hora 25 "egh que ME LA SUDA!"