Caxigalines nella Reguera'l Campizu

13 maggio 2009

FEISBU/BLOGS


O Feisbu é aos Blogs como comer de tapas o é a comer de prato.
Eu, xaora, Xulio, como de todo.  
 
     

6 commenti:

R.R. ha detto...

Aí falou. Pero coidado que a moita comida rápida non é tan sana como o caldiño na casa ;-D

Verificación de palabra: maeosped

SurOeste ha detto...

Por certo, señor Arume, díxome un paxariño que onte o metabloguismo seu foi amplamente citado na REsaca das Letras.
Siga, siga coas súas reflexións que aínda vai vir alguén a facer unha tese.

Tonho Randeeira ha detto...

Totalmente de acordo co símil.

ms ha detto...

O do feisbú é p'a lerchear e alcontrar os amiguiños da escola, non?

Hai tempo lin que o do feisbú estáballes ocasionando problemas a algunha xente. Unha destas almas cándidas organizara unha festa con ghichiños (no sentido vigués do termo) que acabara de coñecer polo caracho do Feisbú. Alí se lle plantaron todos, mais algúns deles aproveitaron a ocasión para lle roubar.

Au fond, o do feisbú debe de ter moito éxito porque, ademáis de ser algo "fashion" estimula o apetite egocéntrico que todo levamos dentro. Ese eterno mirarnos o embigo nas fotos que colgamos, e de paso que nolo miren os demais.

Cando deixe de ser fashion, xa inventarán outra cousa.

Tonho Randeeira ha detto...

Inventarana sen tardar... por iso mesmo o blog seguirá LIVE AND DANGEROUS.

ms ha detto...

Aí falaches.