Caxigalines nella Reguera'l Campizu
20 febbraio 2010
FLY ME TO THE MOON
Seguindo a máxima rotunda de que como fóra de casa non se está en ningures, teño prevista unha serie de viaxes este ano que xa agora estimulan o meu ánimo. Quedar aquí en entroido tivo que ver coa idea de coller carreiriña para tal propulsión. Pechado quedou onte un a Berlín en joligüik, seguro teño outro a Napoli a finais de abril, case seguro un a Dinamarca en xullo e apalabrada unha pequena estancia en NY para a estación estival. Suecia fica no horizonte outonizo, pero necesito que me acomoden como cadi necesario das valixas de IPP. Con estas viaxes na cabeza, este insólitamente frío inverno vigués vaise levando con algo máis de ledicia.
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
5 commenti:
E que queres que comentemos, meu?
"Pero para Shutter Island xa teño reservado billete mañán" comentaba Don Piñeiros o 18/2/10 ás 23:22 no fío anterior. Se nos atemos a este comentario, é de supor que hoxe xa se atope na illa na compaña de Di Caprio para resolver o misterio. Este post seguro que xa o escrebeu desde a illa. Saiunos un viaxeiro empedernido este Don Piñeiros.
Vostede cobra por kilometraxe ?
Uy...! Ledicia, qué rico...!
Todo isto sen contar coas saídas á Lanzada-Che ou a Cambados, non? E as saídas de ton, tampouco contan?
Posta un commento