Caxigalines nella Reguera'l Campizu

18 febbraio 2010

A ESTRADA, PERO DE CORMAC MCARTHY


A pesar da singular ou estraña traducción, rematei The road de Cormac McCarthy: a aventura dun home e do seu fillo, sen nomes, nin atributos, nin pasado, a través dunha paisaxe desolada, invadida pola cinza e polas ruinas dunha suposta catástrofe. O relato está contado, en xeral, cunha sintaxe cortante, de frases simples, sen apenas adxectivos, como unha sucesión de cláusulas breves á súa vez reunidas en breves parágrafos que describen, con desnudez suma, as diferentes e sucesivas esceas da historia. En contadas ocasións o narrador, en apariencia omnisciente, aínda que parece seguir a perspectiva abraiada e sorprendida dos dous protagonistas, entra no pensamento do home protagonista. E cando entra no seu interior é para estraerlle soños, lembranzas fráxiles ou unha sensación efímera sobre a terrible situación que están a vivir. O importante, non obstante, é a descripción da intemperie, nun mundo morto (sen arbres, nin animais), nun inverno inacabable (chove, neva, ventea sempre), sen alimento (o verdadeiro leit motiv do relato é a procura dos restos de comida), sen referencias siquera xeográficas (perdidos ou condeados a dar voltas sobre si mesmos), coa soa compañía ocasional, sempre temida e latente, dos outros homes e doutras mulleres desposeidos que vagabundean por unha terra completamente estéril. Nesa nada, que moitos alcuman de apocalíptica ou dantesca, esta parella de home e cativo deambulan sen rumbo fixo, se cadra coa ollada dun mar que fica lonxe, como último recurso de esperanza. A relación entre eles confire calor a un panorama de cadáveres e desolación. O medo e o temor ao descoñecido aguilloan o espíritu da parella destinada á desaparición sobre a superficie da terra. Algo de redención relixiosa se pode advertir nos últimos pasaxes do libro, pero a sensación última é a de estar de modo permanente ao borde dun abismo, nunha terrible demora que se fai constante e insoportable recreación do sufrimento. 

Nota: tiña a dúbida de ler ou de mirar a película. Sobre todo porque empezara a lela antes de ter noticia do filme. E vin que tiña trazas de guión peliculeiro. Non me engañei. Ou ves a película ou les o libro. Creo que haberá poucas ocasións en atopar cousas tan redundantes. Claro que Viggo Mortensen ben merece que saibas case todo o que pode pasar.       

20 commenti:

Feministo ha detto...

The road é a primeira novela que lle lin a C. Carthy e a que máis me gustou. Austera, concisa, con una enorme potencia figurativa (son prodixiosas as metáforas do gris, a cor do mundo apocalíptico polo que deambulan os persoaxes), a angustia paira pola estrada e polo corazón do lector sen apenas marxe para a esperanza. Tiven a miña etapa macarthista ao mesmo tempo que lía a Ph. Roth: tenro, cínico e ironicamente nihilista un; de verdades sinxelas, escearios faulkneriáns (non é o caso de The road) e personaxes dunha peza o outro. Dous representantes moi distintos dunha grandísima tradición literaria.

Anonimo ha detto...

leuna no orixinal ou en tradución?

detective crepuscular ha detto...

Don Arumes, non sei por que me dá que non acabou de gostarlle de todo, que esperaba mais. Eu prefiro o McCarthy de MERIDIANO DE SANGUE, aquela novela que mesmo semellaba estar escrita por un Faulkner delirante e desquiciado e tanto se parecía a un PEDRO PÁRAMO extenso, trepidante, selvaxe, mortífero, onde a violencia reinaba sen discusión, a morte espreitaba en cada recanto do "páramo" e o sangue corría en cachoeira. Unha novela que hai quen di que está en 2666 de Bolaño.

Xa postos no posfuturo apocalíptico, no terror psicolóxico ou metafísico e nesas cousas abonadas á indeterminación, eu recomendo FIN (Acantilado), do "obreiro escritor" galego afincado en Vilafranca del Penedès. Que éxito está tendo o paisano catalanizado. O venres pasado facíanlle unha entrevista en La Vanguardia e confesaba ter dez manuscritos na gaveta. Como sexan tan bons como FIN, non che quero dicer nada.

detective crepuscular ha detto...

Esquecinme de pór o nome do autor de FIN: David Monteagudo.

Hai outro tipo por aí que tamén haberá que ler. Claro, como vou pouquísimo ao cine non me inteiro das películas librescas ou libros cinematografescos. Non paran de falar del. Hai duas semanas viña no suplemento Cultura/s de la Vanguardia unha crítica "estupenda" da dua última novela. O domingo (14 de febreiro), Boyero falaba del: "Scorsese, director eternamente obsesionado por los volcanes de la mente,..., aborda en la muy esperada SHUTTER ISLAND las tenebrosas brumas de la enfermedad más indeseable (esquizofrenia). Adapta una novela de Dennis Lehane". Hoxe, no Quadern de El País, entrevistan ao escritor Ferran Torrent e remata con estas palabras: "El que puc dir és el que estic llegint, CUALQUIER OTRO DÍA, de Denis Lehane". Pois si, Dennis Lehane, do que eu non lera nada e xa me puxen a ler SHUTTER ISLAND (don Arumes, non quero abafalo nen mortificalo cos prezos de rebaixa, pero marcaba 16 € e compreino por 10 €). Levo 100 páxinas e a impresión é boa, pero haberá que a rematar para emitir unha opinión mais fiábel. Copio un cachiño de diálogo, que penso empregar como argumento "incontestábel" cuando saia o asunto de Deus:

-¿Cree en Dios?

-Primero vaya a ver un campo de exterminio, doctor, y luego cuénteme lo que opina de Dios.

Dennis Lehane é tamén o autor de MYSTIC RIVER, libro que deu orixe á película, que eu tampouco vin. Don Arumes, este último se non o ten, pode conseguilo por 5 € nunha desas coleccións de quiosque (RBA). Haberá que o ler tamén.

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Dá gusto ter estes comentaristas. Concordo con feministo en todo. Esta novela desasosega todo o tempo. Ás veces parece algo repetitiva, sobre todo coas descripcións da chuvia, da neve, do frío que pasan, das mantas e a lona que os cubre. Tes ganas de que cheguen a unha casa e o narrador satisface un par de veces ese desexo. As esceas do baño son un bálsamo na novela.
Non leo eu en inglés novelas: ás veces, miro algunha pasaxe. Pero neste caso foi lida en español. Pero non sei vostedes, pero para min a traducción de Luis Murillo soabame rarísimas en moitas ocasións. Non sei se en inglés hai ás veces esa tendencia a utilizar palabras a propósito extrañas. Pero noto que traduce esas expresións sintéticas típicas do inglés por expresións semellantes en español cando podía optar por perífrases ou fórmulas máis sinxelas. Non lles podo dicir. Prometinme a min mesmo mirar por calas o texto orixinal. "El fatigoso contraespectáculo de las cosas dejando de existir. La extensa tierra baldía, hidróptica y fríamente secular" é un exemplo do que digo. Miro agora mesmo en wikipedia e aparece esa frase:" The ponderous counterspectacle of things ceasing to be. The sweeping waste, hydroptic and coldly secular." Hydroptic non sei se se pode traducir por hidróptico: en español dise hidrópico, que significa sediento, que necesita auga (é unha enfermidade a hidropesía). E o de secular, non lles sei. A min a tradución, xa digo, non me pareceu moi convincente.
Sobre o que di vostede, amigo detective, direille que non me pareceu, á marxe do impacto que causa tamaña desolación, grande cousa: demasiada novela, demasiadas páxinas, demasiada dilación, para tan pouca historia.
Pero para Shutter Island xa teño reservado billete mañán. O novelista será bó, pero onde estea un Scorsese. Xa lles contarei.
E o dito: moitas gracias.

Ana Bande ha detto...

guauuuuuuuu...gustaso, si señor, tomamos nota. Pois fixo vostede moi ben, comezar polo libro refírome. Non vin a peli pero concordará que logo desa dura travesía textual e vital tan extrema non pode haber filme que esté a esa altura. Ser quen de escribir duascentas e pico páxinas só cun pai e un fillos na procura de alimento e terte en tensión ata o punto final....buf!...e por certo... very bad to be given us the night babys, amigo...(grazas M.V. pola tradución caseira) jejejeje...pida informes.

Anonimo ha detto...

Un argumento a favor das traducións en galego é a xeralmente baixa cualidade das traducións literarias ao castelán. Xa que competimos polo mercado, é lexítimo aproveitar os puntos fortes propios e criticar os puntos febles dos adversarios. Débese saber que ao castelán traducen moitísimo, pero a cualidade das traducións é bastante baixa.

arume dos piñeiros ha detto...

secular |ˈsekyələr|
adjective
1 denoting attitudes, activities, or other things that have no religious or spiritual basis : secular buildings | secular moral theory. Contrasted with sacred .
2 Christian Church (of clergy) not subject to or bound by religious rule; not belonging to or living in a monastic or other order. Contrasted with regular .
3 Astronomy of or denoting slow changes in the motion of the sun or planets.
4 Economics (of a fluctuation or trend) occurring or persisting over an indefinitely long period : there is evidence that the slump is not cyclical but secular.
5 occurring once every century or similarly long period (used esp. in reference to celebratory games in ancient Rome).
En español, secular ten estes significados.
1. adj. seglar.
2. adj. Que sucede o se repite cada siglo.
3. adj. Que dura un siglo, o desde hace siglos.
4. adj. Dicho de un sacerdote o del clero: Que vive en el siglo, a distinción del que vive en clausura.
Seglar pode significar, pero hai que empregar o de seglar máis ben, "Perteneciente o relativo a la vida, estado o costumbre del siglo o mundo."
A min o de fríamente secular como que non.

arume dos piñeiros ha detto...

*spoiler

Once there were brook trout in the streams in the mountains. You could see them standing in the amber current where the white edges of their fins wimpled softly in the flow. They smelled of moss in your hand. Polished and muscular and torsional. On their backs were vermiculate patterns that were maps of the world in its becoming. Maps and mazes. Of a thing which could not be put back. Not to be made right again. In the deep glens where they lived all things were older than man and they hummed of mystery.

Tarefas para mañan: traducir este parágrafo, con cuidado de manter o ritmo, a musicalidade e a aliteración marcada da frase. Escapar no posible da páxina 210 da versión castelá, Debolsillo contemporánea.

arume dos piñeiros ha detto...

Da crítica de William Kennedy no Sunday Book Review do NYTimes entresaco este parágrafo moi útil:

“The Road” is a dynamic tale, offered in the often exalted prose that is McCarthy’s signature, but this time in restrained doses — short, vivid sentences, episodes only a few paragraphs or a few lines long, which is yet another departure for him, coming after “No Country for Old Men,” published last year. That was also tight and fast, an extremely violent thriller with the energy of his sentences and a philosophical sheriff lifting it out of the genre; but in the McCarthy canon that book seems like a Graham Greene “entertainment” alongside ambitious work like “The Road.” He is said to have other novels in unfinished drafts, so perhaps he will revert to grandiloquence in those to come. But on the basis of “No Country for Old Men” and “The Road” it does seem that he has put aside the linguistic excesses and the philosophizing for which he has been both venerated and mocked — those Faulknerian convolutions, the Melvillean sermonizing — and opted for terse dialogue and spartan narrative, a style he inherited from another of his ancestors, Hemingway, and long ago made his own.

arume dos piñeiros ha detto...

E ainda me gusta máis esto:

Brief and mystical, this is an extremely austere conclusion to the apocalyptic pilgrimage. Of the boy’s becoming, or his mission — redeeming a dead world, outliving death? — nothing is said. The rhythmic poetry of McCarthy’s formidable talent has made us see the blasted world as clearly as Conrad wanted us to see. But the scarcity of thought in the novel’s mystical infrastructure leaves the boy a designated but unsubstantiated messiah. It makes us wish that that old humming mystery had a lyric.

arume dos piñeiros ha detto...

Non quixer abusar, pero na páxina do libro, nun dos parágrafos, por certo, máis celebrados por interné adiante e con certa parte de razón porque rompe completamente o estilo ático do conxunto coa aparición dunha forma poética algo wasteland, lese:
"Eran señales en idioma gitano, pateranes perdidos". Que traduce: "They were signs in gypsy language, lost patterans". Busco pateranes en español: NPI. Busco patterans en inglés: tampouco. Vou por google e atopo nun blog que destaca as dificultades léxicas de McCarthy un tipo que explica o de patteran: patterans: "Gipsy Marks.-When gipsies travel, the party that goes in advance leaves marks at cross-roads, in order to guide those who follow. These marks are called "patterans."

Como poden ver, a tradución é unha arte marabillosa.

arturobelano ha detto...

La novela "The road" no me acabó de gustar. Y no poruqe me chirriase la lengua, excepto en algunas frases -seguramente, mal traducidas; pero ahí no puedo juzgar-; quizás debió quedarse en un relato mucho más breve, en el que sólo estuviese la poesía de bastantes parágrafos, que, creo, deben de ser los mejor traducidos. La calidad de la expresión intensa se ahoga en la extensión que no ahonda en lo ya escrito.

Anonimo ha detto...

Dise árbore e non arbre, señor Arume. Entre outras grallas.

arume dos piñeiros ha detto...

DIse ou escríbese?
Agradezo moito que me digan as grallas. Aprendo sempre.

arume dos piñeiros ha detto...

O galego non é o meu idioma habitual nin o que mellor domino. Creo que é evidente. Tratarei de escribir en español cando vexa que o meu galego non dá para máis. Que vexo perto.

Anonimo ha detto...

Un novo aprendiz de Alfredo Conde?

arume dos piñeiros ha detto...

Olé!

Eduardo Baamonde ha detto...

Segundo un ranking publicado nun especial de "Rockdeluxe" esta novela xunto coa "2666" de R. Bolaño e "Expiación" de I. McEwan son das mellores desta década. Qué opinas? No mesmo especial tamén fan reconto de cine e de cómic; "George Sprott" e "El arte de volar" sitúanos como obras extraordinarias.

arturobelano ha detto...

Da igual lo que diga Rockdeluxe, pero sí acierta en "2666", que no tiene comparación con "The Road". La novela de Bolaño, al margen de las devociones bolañistas, es una gran novela, de una riqueza estética y de sentidos o significados magnífica. La tarea estética del chileno culmina en esta obra de arte, cuyo valor en la historia literaria es importantísimo.