Caxigalines nella Reguera'l Campizu

5 marzo 2010

AGRADECEMENTO


Foi o que foi o día 3 de marzo e houbo festa grande no Choco, con
Like a rolling stone de fondo, unha tarta (a Tarta, por antonomasia) de té do Molino, unha arte poética con rimario incluido, unhas copas de cava supremo, e uns amigos (aínda máis supremos) enfundados nunha camiseta que branco sobre negro proclamaba unha verdade inconstestable: "Muy mal se nos tiene que dar la noche". A esmorga, aínda en vigor, rematou provisionalmente no Xancarajazz nunha jam session extraordinaria que, de repetirse cos mesmos ingredientes, convén difundir.
Mais non agardaba eu hoxe un agasallo fermoso dunhas amigas encantadoras que recorreron Vigo enteiro para atopar o que pode verse na foto: unha preciosidade dun kilo de peso, de nome Lavazza e de apelidos Gold Selection, empaquetado con primorosa elegancia. A lenda con que acompañaron o presente fica na miña intimidade, aínda que non me costa nada confesar o emocionante trance ao descubrilo. A risco (miuh) de parecer cursi (non é a primeira vez que alguén mo di neste blog e fóra del), farei hoxe o café coas bágoas destas últimas e agradecidísimas emocións.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Un agasallo coma ese non merecía un empaquetado que non fose primorosamente elegante, todo o primorosamente elegante que podía ser.
;)

Confusion ha detto...

que ben debe cheirar iso...

ar ha detto...

Cursísimo. Pero más vale ser cursi que macarrón de playa. :-P