Caxigalines nella Reguera'l Campizu

3 marzo 2010

UNHA FRASE PARA 49ERS


"Con eso ya se come, Teresina".
Ista era a frase irónica que ao parecer meu avó Félix tiña reservada para os seus fillos cando estes celebraban pequenas ledicias íntimas. Acompañábaa cun sorriso nada censor, mesmo compracido, para non rachar o feitizo dese inocuo entusiasmo. Miña nai conservou frase, escenificación, oportunidade e propósito. E cando nós, meu irmán e mais eu, manifestabamos a nosa alegría por algún feito digno de aplauso ela sempre estaba ao quite para poñer as cousas no lugar que estas merecían. Non nego que ás veces esa frase non resultara irritante, xa que abaixaba as nosas lexítimas ilusións nun plisplás, pero, co tempo, aprendimos a medir a intensidade e, sobre todo, a importancia que van tendo os feitos na vida de cada un. Tampouco sei o que ten de estoicismo ético esa frase ou o que ten de elementalidade camponesa, habida conta da procedencia inicial do meu avó nas terras de Rueda en épocas de filoxera, fame e búsqueda de oportunidades alén de Castela. Con todo, serviunos e sérvenos sempre de termómetro infalible para tantas e tantas prescindibles inclinacións que impiden contemplar coa sinxeleza necesaria o paso do tempo.
"Con eso ya se come, Manelín".

2 commenti:

De la Highway 61 ha detto...

Xúrolle que me poño na súa pel. Debía vostede sentir una certa impotencia, digo eu.
A miña nai tiña por costume cantar moi adornada esa canción que di "soñé que la nieve ardía" cando un expresaba un deses plans infalibles da primeira xuventude. Con todo, o peor era cando o meu pai, diante dunha petición de adquisición de calquera ben imprescindible e/ou necesario (léase disco, bicicleta, balón) respostaba non sen certo entusiasmo: "uno no: dos". E se a insistencia non cesaba, recuncaba: "mañana".

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Soñé que la nieve ardía