Eu xa llo digo: manda todo aí, aí mesmo. Que se queden cos postits.
Caxigalines nella Reguera'l Campizu
11 marzo 2010
LP, COME BACK TO FILIPO
O amigo LP anda algo baixo de forma, entre outras cousas porque está a piques de deixar o cargo que ten e anda de pato coxo desde hai tempo. Ou sexa marchando pero sen marchar de todo e recibindo novos asuntos que non poderá atender e que, nalgún caso, estoupan sen que el poda facer absolutamente nada por arranxalos. Anda todo o día pegado ao teléfono, vai dun lado a outro sen solución de continuidade, só acouga para sacar a cadela a pasear polas noites e ás veces nin para iso ten tempo. E todo cunha perspectiva de futuro que tende a cero. Eu estiven nunha situación coma a del e durante máis tempo. Fun parvo, absolutamente parvo. El tamén está advertido, pero o seu sentido lóxico da responsabilidade manteno atado a toda esa actividade incesante. E por riba hoxe levou. Non lle merece a pena.
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
2 commenti:
Eu suscribo o seu "consello". Igual que boto flores e louvanzas á responsabilidade de LP, pero é que hai momentos na vida en que un debe decatarse de que a responsabilidade non ten que converterse nun castigo por causa doutros que non teñen nin responsabilidade nin respeto. Por exmeplo
pobre home!!!!
Supoño que seguirá o seu acertado consello...
Posta un commento