Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 marzo 2010

AS MATEMÁTICAS NO NOVO DECRETO

Teño debatido moitas veces con persoas especialmente refractarias ao uso da lingua galega no ensino ou con persoas que, admitindo como signo de particularidade (case folclórica) o emprego do galego nas aulas, apelan á liberdade dos pais para elixir o idioma que deben utilizar os seus fillos na clase. Tras unha discusión, non sempre doada, mesmo chegan a parecerlles pouco grave a división paritaria do idioma segundo as materias. Pero de ningún xeito admiten, e aquí o punto é innegociable, que a lingua para dar Matemáticas sexa o galego. A Física e a Química están moi próximas na súa posición de forza, pero o das matemáticas é sagrado. Por suposto, entenden que Coñecemento do medio (o célebre Coñe) ten que ser en galego (a min non sei se me asusta máis ese "ten que" que o "de ningunha maneira" para as matemáticas). Mesmo as Ciencias sociais, a Historia, a Xeografía ou a Historia da Arte, tamén poden ser en lingua galega. Pero Matemáticas, ou no seu caso Física e Química, de ningún xeito.
Eu creo que esta cuestión (en que lingua se dan as matemáticas), unida á liberdade outorgada ao alumno/a para utilizar a lingua que queira en exames e no diálogo en clase, é a única verdadeiramente relevante para eses sectores. Eu creo que, se me apuran, aceptarían de bó grao que a lingua galega fose maioritaria, mentres estas materias, que teñen elevadas ao altar da importancia suma, sexan impartidas en lingua castelá.
Non quixera supoñer que esta división, que o goberno galego establece como principal no seu novo decreto, ten que ver cunha diglosia mental da poboación galega, para quen as cousas que teñen que ver co máis próximo (xeografía, narración do pasado ou natureza) deben ser estudadas na lingua galega e aquelas que supoñen un grao de abstracción maior deben ser estudadas en español. Se é así, o equilibrio pretendido será de número de materias, pero non de calado profundo: de xeito subtil, pero evidente, estanse proxectando as limitacións dunha lingua sobre a outra.
Esta é unha pequena faceta (para min importante) das moitas que o novo decreto suscita coa alarma de problema serio incorporada.

6 commenti:

AdPV ha detto...

Moi ben argallado, radiografía fiel da realidade.

Confusion ha detto...

Non te nada que ver co post, pero recoméndolle ler este impagable artigo sobre o café (en vaso como dios manda) na cultura hispánica.
http://blogs.expansion.com/blogs/web/polo.html?opcion=1&codPost=56441

Confusion ha detto...

Parece que alguén lle dixo algo á autora e esta deféndese cun argumento demoledor :-):


Magdalena dijo...

¿Cómo que en vaso? Amparo, el buen café con leche en taza por favor, como en la foto.

Un abrazo desde Pamplona.

Amparo para Magdalena dijo...

Magdalena,

está visto que para gustos colores. Tomarte un café con leche en vaso en algunos bares (sobre todo de Madrid y Andalucía) y ver el color de lo que te estás bebiendo es un placer.

En mi casa, sin embargo, el café con leche tiene que ser en taza y a poder ser blanca. Así que ya ves lo que da de sí el tema del café.

Un abrazo fuerte

xos ha detto...

Precisamente as matemáticas, que teñen unha linguaxe de signos universal, e é irrelevante particularmente en que lingua se dean. Lembro un estudiante americano de intercambio no colexio que só se enteiraba desa asignatura, claro. (todo estaba en castelán, agás o galego, e polos pelos)
O que pasa é que os fillos convenceron a moitos pais de que "como están en galego, suspendo...".

ms ha detto...

Efectivamente, con este decreto recréase unha vez máis a dicotomía de:

español = literatura en prosa = lingua útil = lingua da tecnoloxía e do futuro = lingua para emigrar

galego = poesía = lingua menos útil = lingua do pasado = lingua que non che permite emigrar

Anonimo ha detto...

A min tamén me gusta o café en vaso transparente.