Caxigalines nella Reguera'l Campizu

23 marzo 2010

MASTERIZADO

Moito receo que por moito que levo baixado aos avernos da burocratización inútil, perto de onde mora o inventor do metacrilato, aínda me queda un cacho neste camiño de desesperación e rabia. Estou na fase de irritación, que, en min, raras veces conclúe en indignación pausada, senón en tristeza e melanconía de frustración. Estou a piques dese paso, en plena axitación confusa, entre a ira autofáxica e o desprezo olímpico a todo quisque relacionado e minimamente interesado por estes mesteres. Remato por non entender nada, por claudicar diante de todo e, sobre todo, por deixar mostras inútiles (denuncias a mestres armeiros que só existen na miña imaxinación) da impotencia. Agora mesmo, en plena fuxida cara adiante, porque mirar para atrás non compensa despois da desilusionada empresa, ameazo con silencios de fogueo, estorbo para facer ver que nada valeu a pena. Neste tempo, todo parece escuro, menos a luminosa faciana desa alumna que asiste todos estes días ás clases e ignora que as pezas que estivemos encaixando durante todo este tempo para traer aos/ás mellores non encaixan nese vicioso costume de encher, mecanizar, volcar, computar: ese estéril exercicio de colocar un lindo xescampus na peana idólatra dun novo cucho d'ouro.

6 commenti:

Anonimo ha detto...

Deduzo que lle tocou encher a acta de cualificacións... Paciencia, amigo profesor.

max estrella ha detto...

Pois eu non deduzo nada, pero como vexo que fala de "burocratización inútil" non teño inconveniente en prestarlle unhas palabras da miña autoría ditas en Luces de Bohemia para botarllas na cara a calquer deses: "Porque tú, gusano burocrático, no sabes nada. ¡Ni soñar!" Pois iso, Don Arumes, a por eles, que son "gusanos", cheiran a burócratas e nada saben de ebriedades luminosas.

Corto Maltés ha detto...

Non entendín nada do que dixo, Arume. Pódeo repetir doutra maneira?

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Que estou ata os mesmìsimos de encher papeis e aplicacións informáticas para nada.

Anonimo ha detto...

Non se anoxe. Haille cousas peores, como traballar na empresa privada, ou facer cola na oficina do paro.

anónimo 2 ha detto...

"Hai cousas peores"; iso condénao ata Bieito XVI. Sería unha fermosa canción para unha inmensa maioría, seguro:

O verbo anoxar
hai cousas peores
As listas do paro
Hai cousas peores
A guerra en Irak
Hai cousas peores
A fame no mundo
Hai cousas peores...