Caxigalines nella Reguera'l Campizu

9 dicembre 2011

UN APLAUSO PARA O GOVERNO DA XUNTA DE GALICIA


A Xunta de Galicia parece que por fin pon algo de cordura á implantación de graos e másteres na comunidade autónoma chamada galega. Durante moito tempo, dominou entre o mundo universitario galego a sensación de que a Xunta podía establecer unhas laxas reglas de xogo, saltadas con evidencia e descaro polas distintas universidades en nome da sacrosanta autonomía. Da derradeira fornada de graos sairon enxendros propiciados pola picaresca xenuina do gremio: aquela limitación de 25 alumnos/as en primeiro curso foi saltada polos fosburys habituais, espertos en lampedusismos de toda índole. 
Non sei se agora a decisión, aprobada hoxe e publicada en DOG, de que 50 serán os alumnos/as mínimos para o grao (45, Pontevedra, Lugo, Ourense) e 20 para o máster vai ser tomada de forma absolutamente rigorosa ou se algunha trampiña ha poder desfigurar o intento de seriedade neste caso. O certo é que, entre outras cousas, falta facía que nesta cuestión concreta (noutras agora non entro) alguén acoutara as ledicias da mal chamada autonomía universitaria. 

Nota: para os e as que negaron a posibilidade de facer un único grao serio e coherente (porque cumprían os seus requisitos de 25 alumnos/as e os demais que arrearan) e agora observan espantados que non teñen para manter un máster e solicitan unidade vai o meu recordo, co engadido da famosa locución que comeza "Arrieritos somos". E os galegos, como se sabe, aínda máis.   

Nessun commento: