Caxigalines nella Reguera'l Campizu

14 maggio 2007

PROPAGANDA FIDEI

O fotoxó aínda non estaba inventado e xa lle almidonaban a mán a Gary Cooper para saúdar ás femias patrias. Agora limpa imperfeccións nos rostros dos candidatos e das candidatas ata regresalos a unha eterna e impoluta xuventude. Nun intre, unha fotografía é capaz de facernos esquecer catro anos, de borralos completamente da nosa memoria. Esa é a miserable grandeza da propaganda.

6 commenti:

Marcos Valcárcel López ha detto...

De onde sacou vostede esta xoia? Digánolo, por favor, é todo un documento...

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Pois a verdade non lembro ben. Era unha exposición fotográfica en Madrid deste ano que EL PAÍS presentou nun deses arquivos ou galerías fotográficas. Do mesmo lugar que quitei aquela imaxe dun peixe xigantesco (un atún podía ser) traído da Coruña. Sinto non ser tan cuidadoso cos datos como vostede, amigo Valcárcel. Pero se logro dar con el, dareille o dato cumplidamente.

Nuca ha detto...

pode que na política a base fisiolóxica da memoria sexa mais feble que noutos eidos

torredebabel ha detto...

ainda lembro uns cartaz de Fraga no ano 2003 nos que semellaba o fillo do que veu a Bos Aires. O fotoxó, dende logo, é un invento curioso: amosanos iso que sabemos que non é asi, e faino con absoluta impunidade...

Anonimo ha detto...

Eu sonvos moito de ver catálogos de ropa interior feminina. O outro día caeu nas miñas mans (nas dúas) unha desas revistas de propaganda. Chamoume a atención que unha das reportaxes (con modelos galegas, por certo) viña coas fotos sen retocar: pequenas veiñas nos pés e pernas, pel de galiña, pequenas manchas na cara, sombreados inoportunos... En fin, cousas que chamamos imperfeccións e que non o son en absoluto. O contraste coas fotos doutras reportaxes era brutal: pel de pexego, carne e pel sen transicións, sen mácula.
Cando deixarán de utilizar mulleres para eses catálogos e farán uso exclusivo da infografía? Será o mesmo? Deixarémon@s engan@r? Deixaríanme comprobar que esas mulleres son unha realidade, digamos, palpable?

Nuca ha detto...

benquerido da H61, lémbrolle que pécase de PENSAMENTO, palabra, obra e omisión. O sea que, ainda sendo infografías para a igrexa penso que seguiría sendo pecado