Caxigalines nella Reguera'l Campizu

24 maggio 2007

O MEU VOTO, A MIÑA CIDADE

A poucos días das eleccións, eu xa teño decidido o meu voto. Vou votar. Seguro.
Eu creo que o centro da cidade non está nada mal: o deseño das rúas peonís e humanizadas foi excelente e creo que ninguén dubida da mellora deses lugares. Recuperou Vigo a vida a carón do porto, coas terrazas (unha debilidade) de Montero Ríos e unha amplia zona de recreo por eses lugares. Non é estrano que un anuncio na radio do Concello, insólito ao meu xuízo malévolo, recomende estes días aos cidadáns darse un garbeíllo por esas rúas ben afermosadas. As flores, as arbres plantadas lusen lindas e o aspecto exterior en definitiva de avenidas e rúas (céntricas, ollo) é fantástico. Os visitantes, de distintas ideoloxías (máis ben de esquerdas) que pasean polo centro, atopan moi cambiado (para mellor) o centro da cidade e non atopan problema algún en recoñecelo mesmo sabendo a cor política da alcaldesa (un deles viña de Valencia e apuntaba semellantes elementos en Rita Barberá e outra de Barcelona, votante fidelísima de PSC, que atopaba mesmo máis elegante a intervención en Vigo ca en Barcelona).

Digo todo esto porque adoito facer un recorrido frecuente entre o laberíntico barrio de Teis. Á espera de que abran unha nova vía que engarce a Guía co Sanjurjo Badía que aliviará de seguro o tráfico e mellorará as condicións de vida dos cidadáns desa zona viguesa, podo dicir que a alcaldía esqueceu completamente Teis. Non fixo nada de nada. É auténticamente vergonzoso non facer nada alí. Eu supoño que han ter para estes vindeiros catro anos miles de propostas para Teis, pero desta vez non debía de estar na axenda ou no plano. O Casco Vello sigue a resultar infame na súa maior parte, a pesar dos intentos dos empresarios de hostelería de darlle pulo á aquela parte. Da zona de Travesas, unha nova plantación de arbres en Independencia pode dar a impresión de que se fixo algo. Pero sigue a estar exactamente igual. O esforzo, pois, da alcaldía plasmouse no centro, coa axuda inestimable da Zona Franca que puxo os cartos. É verdade que as condicións coas que gobernou dificultaron moito a súa acción de goberno. Alí a responsabilidade é dos partidos da oposición que non souberon atopar forma de acadar de novo a alcaldía. Ela soubo estar ao pairo durante estes anos. Pero claro: Vigo non pode estar sempre ao pairo. Vai ter moitos votos; case a maioría. Se for así, non sería sorprendente. Eu espero que non gañe, pero vai ser difícil. A expensas doutros partidos de esquerda que de seguro non van entrar na batalla, entre Abel e Santi anda o xogo.
[Foto de J. Albertos, un home que merece o recoñecemento público de Vigo, para cándo?]

6 commenti:

Nuca ha detto...

As parroquias é un tema endémicamente pendente nesta cidade. O do centro obviamente non é casual, pois o distrito un é, tradiconalmente, do PP. Así, as actuacións sinaladas son para clientes xa fidelizados.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Pero o centro é de todos, desde un punto de vista simbólico. Pero tamén é de todos Teis, un barrio ben querido por mín. Pero para conseguir ser visible precisa políticos de altura. E Corina...

Anonimo ha detto...

Presioso o centro (malia a falta de aparcamento, o despilfarro de luz nas plantas, a auga que só rega esa zona esquecendo por exemplo a praza dos Berbés after botellón os domingos...), un caos o resto. No centro xa so deben vivir os bancos, visto o deserto das rúas cando pechan os negocios.
Eu non creo que gañe a actual alcaldesa, pero o resto non me parece mellor.
Eu prometo un recheo de Bousas a Canghas, ale!!!!

Marcos Valcárcel López ha detto...

O que conta Arume de Vigo creo que pasou en todas as cidades galegas: todas as atencións para o centro, núcleo comercial sobre o que cairon a mans cheas os bancos e as grandes cadeas multinacionais do comercio (ademais do supervivente comercio local). Dende logo sucedeu en Ourense, coa agravante de que Ourense empezou a mudar a súa fasquía urbana na posguerra, coa anexión de A Ponte-Canedo e a brutal especulación nos barrios, cos cartos da emigración a Europa: barrios de San Francisco, A Cuña, O Couto, A Carballeria, etc. En moitos deles hai poucos anos non había unha soia árbore nin servizos mínimos (saúde, bibliotecas, centros sociais, etc.). Acerta o BNG cando pide centros socioculturais -para diferentes xeracións- e bibliotecas nos barrios, que aínda non hai: veremos se Álex ten ou non oportunidade de levar adiante ese proxecto, que ademais non conlevaría as sumas fantásticas de custe ou inversión doutros proxectos faraónicos.

Anonimo ha detto...

Non se si me acordo ben, pero o Plan de Peatonalización,¿non foi idea e comenzou con "Desastrillo" e Corina aproveitou os réditos?. Ao cesar o que é do Cesar ( ainda que sexa do BNG e monte en "calesa").
P. zerov., coidado co "síndrome Teis" ( mais o menos: a todos lle dan menos a nos que só nos quitan), coñezo varios casos desde Ríos ata as Pontes e da Guia ata Calzada.
Saúdos e enhoraboa polo blog

Anonimo ha detto...

Amigo de Teis: podería dicir o mesmo sobre Teis que sobre a miña rúa: o día que algún alcalde faga algo por ese barrio querido (non nacín, nin vivo nel, pero visítoo con frecuencia) ese día xa ten o meu voto.