O fodemillo anda un pouco parado: as crónicas do palheiro, as minhas mulleres, fodendo, madialeva levan varios meses secos/as. A entrada no blogomillo de Lula Fortune, sen embargo, incendiou o blog de Laranxa, quen deu á luz púb(l)ica unha serie tórrida de cinco tórridas aventuras narradas por Charly Wattson. Unha das máis recomendables lecturas deste verán de notoria friaxe: para quentar músculos e o que faga falta.
9 commenti:
Moi interesante a ligazón, Arume. Nunca entrara nela. E, de certo, os relatos son moi es-ti-mu-lan-tes.
Por certo, Arume, avísoo por se non o viu.
Estiven hoxe en Vigo e, no Corte Inglés, tiñan por 9,95 euros (antes custaba 21, 55) o extraordiario documental "No direction home" (2005) de Martin Scorsese. Xa sabe, o que recrea maxistralmente a vida e obra de Dylan desde os seus comezos até 1966.
Avísoo porque quedaban tan só dous DVDs. Vaia logo correndo a mercalo se non o ten.
Moitas grazas, pero si, xa o teño. O vicio, amigo APC, o vicio.
Eu xa vira ese extraordinario documental sobre Dylan na TV haberá un ano, coido que en Canal +. Agora xa revisitei o primeiro CD. Moi logo caerá o segundo.
E falando de vicio, penso que o blog de Laranxa que vostede remomendaba volve estar moi parado. Semella que os galegos aínda seguimos sendo moi pacatos para iso do erotismo e, non digamos xa, da pornografía. Se é que acaso resulta pertinente facer un distingo tan artificioso. Que opina desa diferenciación vostede, que se lle ve bastante versado en tales asuntos?
Amigo Arume: é vostede un tanto desconsiderado cos que pasan polo seu blog, cando menos comigo. Non tivo o detalle de poñer nin unha liña sobre a miña requisitoria!
Ao contrario: fun directamente ao blog en cuestión facerlles ver que aquilo estaba parado. Pero non me fixeron caso. Vou ter que abrir un apartado de relatos eróticos no meu blog.
Desconsiderado non, por favor, que agora, sempre que vou a un restaurante, reparo en todos os detalles para contalos no blog porque sei que vostede mos aprecia. Por certo, A casa do Che, entre a Vichona e Adina, ou entre Portonovo e Dena, se prefire, a escasos metros da vía rápida do Salnés. Uns chuletóns de a kilo, nun entorno ao ar libre, ben agradable.
Grazas pola culinaria recomendación, pero agora teño que coidar, por se as moscas, as calorías que inxiro (fóra pan, fóra patacas fritidas, fóra postres), amigo Arume. Unha vida chea de gula e de luxuria ten que pasar factura algunha vez.
Ah, eu pregúntaballe "Que opina desa diferenciación vostede, que se lle ve bastante versado en tales asuntos?". Mais non me contestou.
So dizer que o O Palheiro está de novo activo :D
Posta un commento