Caxigalines nella Reguera'l Campizu

29 agosto 2007

A VOLTA Á NORMALIDADE

Rouban uns mapas dun incunable; padece o Gaiás de fendas con formas de barcos afundidos; adornan agosto as palabras dos xefes da tribu con proclamas á patria e cousas do estilo; non queiman porque chove os penedos que aínda quedan en pe. Non sei por que relaciono todo esto cando contemplo as fotografías da miñas vacacións.

5 commenti:

torredebabel ha detto...

o ladrón dos mapas pode que sexa arxentino... tes razón: a normalidade sempre está agardando por nós.

Anonimo ha detto...

Benvido, amigo Arume. Eu tamén cheguei e ofrézolle en primicia o meu novo nickname. Que tal lle foi polas Sicilias?

Saúdos.

Anonimo ha detto...

Amiga Torredebabel: que lle pareceu o agasallo que lle fixen, esa canción de Biagio Antonacci?
Sobre o roubo falarei presto.
Amigo APC: gústame moito o seu novo nickname, pero costarame ao principio. Saibame entender. Por outro lado, estaba a agardar por vostede para facer o post encargado: o do libro sobre LA CASTA, così i politici italiani sono diventati intoccabili. Nestes días a farei e en vindeiros posts adxuntarei unha escolma de textos do libro de RIZZO-STELLA ben divertidos e alucinantes sobre a política italiana. Prometo serlle exhaustivo. Como anticipo direille que, saído en maio, polo finais de Xullo, o número de impresións andaba polas vinte. E falamos de Rizzoli, non dunha editorial calquera.

Anonimo ha detto...

Por certo, Lula Fortune, no seu blog, describe á perfección a sensación dun viaxeiro en Italia en agosto. Estiven alí hai un rato e xa me quitou a palabra (e o alento). Que conte ela, que o conta marabillosamente.

Anonimo ha detto...

Prezado amigo Arume:

Vexo que fixo os deberes e que cumpriu co compromiso de facerse cun exemplar de "La Casta", tal como afirmara no blog de Marcos Valcárcel. Eu agradézollo grandemente, indignado como estou coa tropelía que pretende facer aquí a nosa "caste autonómica e autoanémica" co choio dos "sobresoldos". Agardo impaciente os seus sempre lúcidos e lucidos comentarios.