Caxigalines nella Reguera'l Campizu

29 luglio 2008

LITERATURA DRAMÁTICA DESDE GALICIA


Presentan mañán no Clube Internacional de Prensa (non sei onde porque non o pon na páxina web de Galaxia) o libro Literatura dramática. Unha introducción histórica . Xente coñecida (para min) escribe nise volume: e resulta unha mágoa, porque a posible loubanza fica, niste caso, inelegante. E o libro, creo, ben a merece. Como a amizade moi próxima con algún/algunha deles/delas mo impide, terei que quedar coas ganas de afirmar que o libro merece traducción inmediata ao inglés (ou ao español, alomenos), dado o extraordinario nivel acadado polo conxunto. 
Pero, en fin, xa llelo direi na curta distancia de The Irish Harp ou na terraza do Liceo de Bouzas.
    

Nessun commento: