Caxigalines nella Reguera'l Campizu

16 luglio 2008

A CANCIÓN DO VERÁN


Hai case un ano, vido da Italia, celebrei nun podcast a canción do verán. Entre elas, a lembranza dunha Amy Winehouse escoitada de esguello entre praia e praia da luminosa Sardegna, coas xanelas baixadas dun auténtico Citröen Saxo verde de terceira mán. E a de Sean Kingston, un ano despois número un da lista de sempre. Falan da globalización, pero non sei por que nalgures as cousas chegan antes ou, por mellor dicir, noutros lugares chegan as cousas máis tarde. Ou por que algunhas chegan e outras non. Ou, en fin, por que estamos a mercede do que queiran que podamos ler/escoitar/ver? Aínda estou a agardar por I'm not there. Chegará algún día ou é que eu non me enterei? 

1 commento:

Anonimo ha detto...

Pois iso tamén é verdade. Sucede así desde a noite dos tempos. Agora, coa intrené e todo iso, supostamente, xa non debería pasar, pero pasa. Por qué? Hai quen di (eu coido que é unha verdade absoluta) que nesto da música na repetición está o éxito. Así que dá igual que vostede vaia á Laponia sueca e descubra alí a Anitka Trönsberg, por poñer un exemplo, e lles pase o mp3 a 30 amigos. Ata que o poñan na radio ou na lista de sempre unhas 100 veces, os seus 30 amigos non repararán en que "Ledger Stage", por poñer un exemplo do seu primeiro e único disco polo momento, é unha canción impresionante.
E agora a cuestión clave: quén carallo di que unha canción vai soar 100 veces ou non? Pois iso.
En canto ao de I'm not there, inda non te decataches? Se xa o están a dicir: non está aí!