Caxigalines nella Reguera'l Campizu

21 novembre 2008

ALEGORÍA DOS CINCO SENTIDOS

Para Ana Bande, que seica lle gusta o cadro. Porque mo dixo.
noticia o New York Times dunha pequena exposición sobre este pintor, Jan Lievens, coetáneo de Rembrandt. Para ilustrala achega este cadro que o pintor realizou aos 15 anos. A ver se atopamos un oco na axenda da toma de posesión de Obama para velo. 

5 commenti:

Ana Bande ha detto...

¡mimá! Grazas Arume, esto si é empezar o día con bo peito. Pois si, gústame a obra deste para min "descoñecido" amigo de Rembrandt. Unha composición canónicamente barroca que transmite o bon vivre destes norteños que gostaban tanto da troula. O persoñaxe da esquerda lémbrame ao ebrio velazqueño e sen dúbida foi Caravaggio o que preparou o ambiente, lumínico e licuoso, ahhh!!! Caravaggio, a pasión en estado puro, un ser diabólicamente atractivo. A muller perfectamente representada aquí como carne, materia, obxecto que se perpetuaría perante séculos ata hoxe mesmo. O castigo por arrincar un froito daquela arbre continúa hoxendía mais esta é unha obra gozosa na que tamén pode haber só unha simple exaltación dos sentidos, non nos fixemos nos personaxes do fondo e ¡carpe diem! ¡bo dia a todos! e longa vida a este Arume que nos esperta cada día cunha pílula de sabia facundia.
Verba do contrsinal "orga(ni)sm" uf! non sei se escribila

Nuca ha detto...

joder!!! pois para ter 15 anos o tipo vese que xa tiña unha certa vida vivida

Anonimo ha detto...

Xa sei que non lle descubro nada, Occam, pero o Lievens este tería 15 anos cando os cumpliu, pero non cando fixo o cadro.

Anonimo ha detto...

Imaxinan termos por aquí uns folletos en liña, para que os poida ver e gardar todo o mundo, tan ben feitos como o que se marca na ligazón "Jan" desta anotación de Arume? Non habería que convencer á autoridade competente de que ese gasto é un investimento de colosal proxección no espazo-tempo?

Anonimo ha detto...

Pero de que van vivir as imprentas das deputacións e entes pantasmais coa especial finalidade de botar auga nun cesto?
A palabra que me tocou verificar poetiza esto: creatime.