A min este sucedáneo de ficción (ou finximento) autobiográfica vaime. Que queren que lles diga.
Caxigalines nella Reguera'l Campizu
20 novembre 2008
ONFALOSCOPIA 2.0
O blogueiro é un metablogueiro. Non sei se o xénero mesmo convida á reflexión sobre o que un está a escribir ou redactar, pero estou seguro de que unha boa parte das anotacións teñen que ver coa forma en que desenrolamos (ou estragamos) o formato. Preguntas coma a que formulaba Lándoas (De quen é un blog?), profecías (entre apocalípticas e vantaxistas) sobre a súa morte, receos sobre o escaso (e demasiado familiar) eco dos textos, queixas sobre o tempo adicado/perdido á súa alimentación (ese tamagochi do que fala Leo Haicu e difunde RR), laios (de tiquismiquis que preferimos verjurado) sobre a escasa libertade do blogger, reflexións sobre a endogamia (ou sobre o pequeno pano que resulta este mundo), probas (fallidas) sobre contidos posibles, hermenéuticas varias sobre as relacións entre bitácora e poesía ou sobre influencias (infuladas) sociais, poéticas (obscenas) da blogueiría, retóricas (vanas) da manipulación webística, todo isto e máis mentres de cando en vez apuramos unha anotación limpa (ou eso cremos) de metadiscursos.
Iscriviti a:
Commenti sul post (Atom)
5 commenti:
Curiosa nota á onfaloscopia.
Pero a ver: a quen cojones lle sobra o umbillicus desta moza? A un enfermo mental?
turmano
Uf, que va, unha sosez de rapaza, e sen embigo!
buf! que grima!
beijos
Ben certo, a blogosfera é un lugar metarallante.
Posta un commento