Un catedrático de Literatura española da Universidade de Granada di adeus á docencia, molesto e indignado pola falta de apoios acadada no seo académico tras coñecerse que fora condenado por calumnias nun xuízo estes días pasados. Ao parecer, a historia reviste os xa coñecidos tintes de enfrontamento persoal no interior dun departamento universitario (non por extendidos menos lamentables) que trascende o ámbito estrictamente académico. Os pormenores das leas entre ámbolos dous profesores cubren un periodo longo de tempo polo que esfiañalos resulta inútil. Enténdase que nas clases un deles calificaba ao outro con palabras que ben podían ser calificadas de aldraxe ou de infamia. O catedrático, canso de tal obsesiva persecución, decidiu pasar ás ringleiras do xornal no que publicaba as insidias que aquel profería ao tempo que deixaba caír expresións de indubidable carácter insultante sobre o aldraxador primeiro. Este, en lugar de contestar en lide xornalística, decidiu probar fortuna nos xulgados. E neste lugar atopou resposta favorable coa condena do cátedro a pagar unha cantidade pequena pero suficiente para provocar a súa indignación e a conseguinte decisión de deixar (de xeito voluntario, non forzado ou obrigado polas circunstancias como deixaba entender o titular de EL PAÍS) o mundo da docencia. O luns, ademáis, a muller do catedrático despachaba a gusto a súa columna semanal contra a inxustiza do caso.
Sen entrarmos en discusión sobre o fondo do asunto, que xa digo que debe ser moi complexo dado o longo periodo de tempo que dura esta lamentable polémica, pode resultar exemplar sobre a utilización dos medios de comunicación para tratar de aspectos ou problemas persoais. O uso das privilexiadas atalaias (polo eco e a proxección pública dos mesmos) dos articulistas para librar batallas que deben ser dadas noutros foros trae estas desagradables consecuencias. Eu creo que non se pode aproveitar a preminencia que dá o seu prestixio como intelectuais, novelistas ou poetas para dirimir ou comentar cuestións puramente persoais, por moi escandalosas ou ofensivas que estas resulten. Non sei se está na deontoloxía dos xornais, pero debería estalo.
13 commenti:
Asumo o cen por cen do que di. E hai algo máis, penso, á marxe dos excesos do outro señor (co que imaxino que tamén se poderían querelar perante o mesmo tribunal Ayala ou os herdeiros de Lorca, porque haberá testemuñas de que usou as aulas para inxuriar e difamar). A min o que realmente me pasma en todo isto é a actitude de irse de García Montero, ese deixar o traballo por unha cousa tan nimia resulta dura de encaixar para o que noutro tempo se chamaban clases traballadoras. Non me entra na cabeza e considero que ten un regusto clasista e un matiz xuvenil de furia inexperta. Que é iso de marchar para á casa porque a un lle puxeron unha multa ou ten un colega insufríbel? Séntese especial por iso García Montero? Pero se é o que lle ocorre, multiplicado por 3 ou por 5, ao 70% dos empregados aquí ou en calquera lugar do mundo. E un catedrático non é un repartidor de pizzas nin unha caixeira dun gadis. Ten moitos recursos a man para non exiliarse no salón.
Hostia, Lándoas. Cun par. Eu non é que pensara o mesmo cando o lin, pero sentino. E tamén o que di Arumes. Son especiais, claro, están por riba do ben e do mal. O máis probable é que este caso lle dea a oportunidade (excusa) para abandonar a docencia (se é que non a tiña xa abandoada de facto: eu coñezo un catedras que tiña que ir á "súa" escola a presentar un libro e os "seus" alumnos, que non o coñecían, dubidaban de que dera co sitio) e a Universidade e adicarse plenamente a outras cousas máis lucrativas, sen dúbida algunha.
En todo caso o que hai que discutir realmente é, primeiro, se un periódico pode ofrecer o seu espazo (que en realidade é do que compra o periódico) para dirimir asuntos persoais, que é o que di Arumes, e segundo, se pode ser noticia de alcance nacional que un catedras abandone o seu posto de traballo (bueno: ao mellor é un caso único no mundo).
Turmano
Turmano, para min está moi claro que non. E tamén está moi claro que a esposa ou o esposo ou a nai dun e tal nunca debe terciar como voz tamén aupada ao púlpito nun affaire público de quen vaia en gananciais ou como sexa con ela/el. Ten unto a cousa, non cre? Pero todo é complicado, e isto máis. Sobre García Montero (persoa, poeta e profesor que me merece sumo respecto) caeu nos últimos lustros demasiado Vernel babélico. Exceso de mimo, vaia. E dese pulvis esta lama. Presumo.
Completamente de acordo co señor Arumes e co señor da Lándoa e ata co señor Turmano. Cando lin a noticia pensei nisto mesmo. Xa sei que postear para dicir isto é... pero é que me chama a atención como estes abusos pasan desapercibidos, parece que xa non importan. Por outra parte, á vista de que a obxectividade desapareceu da prensa, é lóxico que cadaquen se busque ós seus colegas que lle publiquen as opinións, pero é tan...
E unha pregunta: ¿quén é a muller de Gª Montero? ¿Anda por aí o artigo?
(Sinto os puntos suspensivos, falloume o léxico)
Almudena Grandes. Columna país luns. Non fun quen de atopalo.
A mim parece-me que o artigo de Pascual Serrano (vid a ligaçom que pom Arume), é clarificador, como todos os seus textos. Ler os textos de Garcia Montero e de Almudena Grandes, é relativamente fácil: estam por todas partes. Ler a Fortes é mais complicado: nom está um grande grupo meiático por tras. Quando escoitei a notícia na tele, nom havia lugar a dúvidas: um intelectual de esquerdas, defensor de Lorca e o antifascismo, estava sendo atacado por um revisionista. A mentira, novamente, repetida mil vezes.
A columna de Almudena Grandes lina eu, pero como non tiña nin puta idea de quén era a muller pois tampouco soupen de que falaba. Era, lóxico, algo críptico para min. Pero agora o entendo. Tampouco ten moita vergonza a señora, que me perdoe.
Turmano
A columna de Almudena Grandes lina eu, pero como non tiña nin puta idea de quén era a muller pois tampouco soupen de que falaba. Era, lóxico, algo críptico para min. Pero agora o entendo. Tampouco ten moita vergonza a señora, que me perdoe.
Turmano
O da geminatio semella xenético, bro.
Almudena Grandes o luns no País.
O utilizar atalaias de prensa pra críticas personáis paréceme tan absurdo como o proceder daquela señora que se comunicaba có seu marido a través dos anuncios por palabras, xa que os dous almorzaban en silencio, un frente ao outro, lendo cada un seu xornal. Con independencia de que se entenda a mensaxe, a maioría das veces non, como di Turmano, á xente impórtalle un bledo e abandoa a lectura,pasando a outro artigo, ou facendo zapping no caso da TV.
Outra cousa é cando a situación persoal é o reflexo dunha situación xenérica na que o leitor se poda ver reflexado,como fai ás veces, con máis ou menos fortuna, o Pérez rRverte.
Da para moito este tema, Arume, cicais é un espello, non moi limpo, polo que se ve, do berce que levou a estes dous a un enfrontamento que reflicte o "tema". Estes enfrontamentos cainitas son unha tristeira consecuencia da desinformación, deliberada, por outra parte, coa que corrimos ese tupido velo da transición, pero sobre todo é consecuencia da total falta de transparencia por parte de tódolos gobernos democráticos. Agochar documentos, destruir probas, meter o lixo por baixo da cama non fai máis doada a convivencia. Ao contrario, fermentan estes opinadores que usurpan o papel da rigorosidade científica co que deberiamos ter estudado o noso pasado máis recente. Píosmoas, césaresvidales adalides de revisionismos e liberalismos que producen textos arrepiantes que malia todo se estudan ben a fondo. ¿como explicar que veña unha estudante de Alemania a facer un traballo sobre Paracuellos cunha bibliografía de kiosko? Por outra parte, o do emprego da torre de Prisa para tender a roupa ven sendo norma da casa para esoutra "prensa" que adoita vender auga bendita directamente traída do río Jordán. Claro que está mal, pero eles deberon pensar o que tantos nas mesmas circunstancias, se todos o fan ¿por que imos quedar calados? (refírome a Montero and wife)
En toda esta querela catedrática ficaraon ben retratados e para sempre o reo, a súa esposa e o xornal que os ten en nónima.
Concorcodo co dito por Arume, landoa e demáis...
Posta un commento