Morreu onte aos 95 anos Garganta Profunda (Occam: non vou falar do Orgasmo Global, pero aproveito a paréntese para promover o evento do domingo). Mark Felt, segundo en rango do FBI, revelara hai tres anos a súa identidade. A súa intensa historia en relación co Watergate é ben coñecida, pero non tanto a súa vida posterior, con ese secreto gardado, a pesar dos pesares. A min desta biografía, que espero ler con atención, interésame o día a día desa tensión íntima que supón calar durante tanto tempo. O artigo do New York Times de 1 de Xuño de 2005 resulta un perfecto e extraordinario avance dese relato. As reservas últimas de Woodward (que foi o que coñeceu a Felt) e Bernstein para non confirmaren as revelacións do propio Felt (máis ben da familia) nin as propias do Washington Post (catro persoas ao cabo coñecían a identidade do home que compartiu alcume con Linda Lovelace) son conmovedoras. Recomendo encarecidamente a lectura da información do NYT, pero non podo evitar a transcripción dun párrafo: "at least one prominent Washingtonian expressed a slight nostalgia that the mistery has been solved".
Foto: Felt, con óculos glam, en 1981. New York Times. Déanlle tamén ao audio slide show.E á páxina de Multimedia Timeline (non son quen de poñer o enlace). Unha lección de xornalismo.
1 commento:
Admiro moitísimo tanto a Lovelace como a Felt. Cada un no seu estilo. Felt foi un profundo defensor da independencia do FBI fronte das veleidades e presións de Nixon. De lovelace pola sua loita feminista.
Gracias por publicitar o evento de hoxe. Eu póñome a elo neste momento
Posta un commento