Caxigalines nella Reguera'l Campizu

9 dicembre 2008

A MOEDA NON LANZADA


Durante esta fin de semán descansei do tute italián, pero non deixei de pensar naquel país a cada pouco. Asaltoume a cada intre aquela luz única, aquel balbordo incesante de xente que transita sen orde por rúas sen limpeza algunha, cun tránsito en doce malatía por via del Corso.  Usurparon os meus ollos os obeliscos de Piazza del Popolo ou de Montecitorio. Rematou por invadirme a cúpula do Panteón e a estatua de Giordano Bruno en Campo dei Fiori. Os frescos de Palazzo Farnese, entrevistos de noite desde a praza mentres unha muller falaba por teléfono e dicía que acababa de saír da ambasciata francese, recobraban color durante esta longa ponte. Retiven minuto a minuto os edificios derruidos do Palatino, as roupas bermellas duns falsos centurións baixo o Colosseo, as pedras aliñadas sobre as esqueiras do mercado de Traxano dispostas para a arqueoloxía interminable, as palmeiras do Esquilino camiño do Quirinale, a sorrisa oblicua do elefante de Minerva, a cruz entre as astas do cervo de san Eustachio, a curvilínea fachada de sant'Agnese e de Sant'Andrea della Valle, a espesa néboa de ponte silvio, os vendedores de telas finxidas en Piazza Trelussa, as terrazas baleiras de santa Maria de Trastevere, as melanzane abertas de san Cosimato, o panino di porchetta en Luciano Mannara. A fontana di Trevi, ese esceario de troula e mentiras, perdeu a miña moeda. 
En fin de semáns de amores e meravigliose creature unha idea quedou fixa na miña mente: voltarei sexa coma sexa. Axiña.

9 commenti:

galego coma ti ha detto...

italiano, home, italiano.

"italián" é unha couce.

por que non escribes en castelán, de todos os xeitos?

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...
Questo commento è stato eliminato dall'autore.
ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Non é unha couce: é unha rima ripiosa. É o que ten mirar con ortodoxia.
Pero non ten vostede a culpa: o ambiente é propicio. Non me estraña que a xente acabe por desertar. A súa última invitación/recomendación/suxerencia vai por ese camiño.

o cartuxo de parga ha detto...

sss

galego como galego coma ti ha detto...

couce (m.), home, couce (m.).

"couce" (f.) é un couce (m.).

O Sr. Galego Coma Ti ten un airiño borbón, de todos os xeitos, non é?

apicultor ha detto...

Galego coma ti é o típico amante da lingua galega que preferiría que a falasen e escribisen supercorrectisimamente unha dúcia de persoas en vez de que a falasen e escribisen regular varios centos de miles. Todo sexa pola pureza idiomática.

Iacobus Von der Stein ha detto...

Fun ver Gomorra, que barbaridade de película.

triste valentina ha detto...

couce, en feminino, pode ser un dialectalismo.

"italián" é unha parida. non hai ritmo interno que ampare semeyante ripio.

pero pior é a novela da carina, e ninguén che di nada. así nunca imos chegar a nada, arume, y lo sabes.

arume dos piñeiros ha detto...

Dialectalismos, ripios, paridas, ritmos internos. Nunca chegamos a nada. En efecto. E que queres que diga? En italián, carina e triste valentina, facemos o scemo.