Maricarmen está desesperada. Hoxe, que traían os xornais a páxina clásica do sorteo de lotería, non vendeu moito. Pronuncia a palabra crise e advirte que cada vez compra a xente menos xornais. Eran as doce e media da mañán e os andeis estaban, en efecto, repletos.
Leo ademáis novas por todos os lados que anuncian despidos na prensa, baixadas espectaculares na publicidade impresa, ventas en caída case libre.
O incertidume (tinguido de temor) é o principio do presente.
Portada do Time de decembro de 1961.
4 commenti:
E entre tanto en Sevilla un puñado de tolos empéñase en sacar adiante unha nova publicación en papel. Se é que hai xente pa tó...
Así é amigo Arume. En Lugo tamén me fixeron ese mismo comentario que é preocupante.
Se a lectura non é unha actividade promocionada a tódolos niveis (e non o é en ningún); se a cultura segue sendo unha información oculta en tódolos medios de comunicación; se os xornais cada día se asemellan máis os uns ós outros en parte por culpa das axencias, en parte por culpa dos políticos ós que lle pasa o mesmo, en parte por culpa do amarillismo e da noticia-espectáculo-morbo que cren que manda e interesa; se temos unha prensa convertida en voceiro publicitario de intereses empresariais e/ou partidistas; etcétera.
¿Qué motivos temos para ler a prensa?
PD: Mola o seu alcume, Señor Von der Stein ;-)
Prezado primo:
Non se coma tanto o tarro, a muller xa non nos fai nin caso, os fillos dín que somos aburridos e que estamos pasaos, o noso equipo de fútbol está a punto de descender, e mañán chegan os sogros e os cuñados, e por riba xa lle digo que o alcume púxeronmo na cea de Marcos Válcarcel.
Son un cero a esquerda.
O seu é unha delicia.
Bo nadal
Posta un commento