Soaba música de jazz. Houbo godello Viñaredo, e ameixas (chirlas, mais gorentosas) con fideos e algas, empanada de zamburiñas (a falta dunha boa
pizza margherita), doces variados e dous cafés illy pluscuamperfectos. A Curuxa de Cesteiros, neste caso co pracer engadido da compaña de don Xoan Da Cova e Mercedes, sempre triunfante.
1 commento:
Outro "minicontubernio" gastronócrata no que participaron tamén, coas "parabólicas" atentas a todo o que se decía, duas rapazas listas coma allos.
A Curuxa. Outro lugar de peregrinación para os turistas do futuro, que seguirán a "ruta gastronómica dos contubernios" do mesmo xeito que hoxe siguen en moitas cidades irlandesas a "ruta dos pubs" de afamados escritores.
Posta un commento