Caxigalines nella Reguera'l Campizu

11 dicembre 2008

VIGUISMO OCCIDENTAL


Cando encendín o coche pola mañán e arrancou a radio, a enésima publicidade institucional aínda estaba alí. Por suposto, para disimularen, as novas ían comentando con aparente imparcialidade a actualidade viguesa. Pero, antes de rematar o bloque (con perdón) de sucesos, non podía faltar a voz finxidamente airada do noso prócer máximo. Desta vez clamando contra o alcalde de A Coruña, sempre tan localista obviamente, cunha frase histórica: "Vigo é a cidade máis importante do occidente". Dixo do e non de, e dixo occidente e non oeste. Que tamén eran recursos estilísticos (habida conta das pulsións literarias do mesmo) que podía ter usado con maior propiedade e oportuna propaganda. O caso é que quixo rematar a cita gloriosa con alusións a que Vigo era o centro máis importante (faltoulle un tris para empregar aquilo do polo de desenrolo) de entre Cantabria, Asturias, Galicia e eu que sei máis (Portugal non debe estar na axenda xeográfica e Lisboa non debe estar no occidente), nun ataque de viguismo lerístico, propiciado, como ocorre nestes casos, pola propia dinámica retórica da hipérbole. 
Menos mal que a esas horas da mañán xa pouco se escoita, entretidos como vamos en sortear obstáculos para humanizacións que melloran o noso futuro. Mentres camiño pola rúa Santander, esa corredoira de sebes metálicas e silveiras de arame, maldigo a miña teima por escoitar noticiarios: por que non terei preparada Cadena Dial?

Nota 2: Acabo de ler a nova no Faro, despois de escribir todo o anterior. Vigo, como suxeito da predicación deste xornal, resulta ser un mix de alcalde, tenente alcalde, exalcaldesa, alvariño, elena veciñal, sindicalista adhoc e camareiro de comercio. Sempre os mesmos, preparados sempre para saír ao paso de todo: a disposición permanente do xornal para substantivar Vigo e facelo titular da portada. 
 
Nota 1: Sobre xeografía, fascinante o blog de Strange Maps que achego as áncoras bit, vido das Lándoas. 

4 commenti:

Ana Bande ha detto...

¡Arume for Major!

xOsse dorrío ha detto...

E digo eu, no caso de ser Vigo a cidade máis importante de occidente, ten algunha relevancia para algún dos cidadáns de a pé? Por que eu penso que o que está parado, o que non gaña suficiente, o que está doente,... ese tipo de afirmacións non o axudan en nada, todo o contrario, afundenno ainda máis, porque pensará ¿Como é posible que nunha cidade así eu o pase tan mal?

carrascus ha detto...

...¿a cidade máis importante de occidente non é Sevilla...?

arume dos piñeiros ha detto...

Carrascus, escribiches máis palabras en galego que Núñez Feijoo (ía poñer Touriño, pero corteime) na súa vida. E que moitos (moitos) galegos na súa vida.
Unha lección. Moitas gracias.