Caxigalines nella Reguera'l Campizu

20 gennaio 2009

MANUEL AZAÑA


Fun ver hoxe con Cecilia a Santos Juliá falar da súa biografía de Manuel Azaña. Está Juliá nun momento doce como historiador convincente e convén ir escoitalo. Non é brillantísimo orador, pero resulta ameno e instructivo, as dúas cualidades que deben adornar a un conferenciante. O coñecemento exhaustivo da obra e da vida de Azaña que exhibe Juliá (estou lendo as primeiras páxinas e resulta apaixoante) permite xulgar a conferencia como excelente. Se engado que para min Azaña é un dos mellores escritores do século XX (e intelectual de nivel extraordinario), poden imaxinar e comprender a miña ledicia. Nin siquera faltou a emoción contida ao narrar a súa morte e a triste memoria da súa lápida.

4 commenti:

bouzafria ha detto...

Supoño que daquela será do seu interese a seguinte ligazón: http://www.elpais.com/articulo/cultura/JULIA/_SANTOS/AZANA/_MANUEL/JIMENEZ_LOSANTOS/_FEDERICO/hechos/tozudos/elpepicul/19941121elpepicul_13/Tes

Anonimo ha detto...

Pois si. Moitas gracias. Aproveito para lembrar os marabillosos diarios de Azaña, do mellor da literatura en español.

Anonimo ha detto...

Juliá é o máximo experto en Azaña e, ademais, escribe moi ben. A excelente biografía recén publicada, que eu tamén ando a ler, é máis que recomendable. Xa non digamos as OC de Azaña editadas tamén por el: agora hai unha versión en rústica máis barata. Quen se atreve a meterlle o dente a tantos milleiros de páxinas?

Anonimo ha detto...

Tíñalle certa prevención (se cadra máis ben prexuizo) ós escritos de Azaña dende a ocurrencia oportunista de reivindicalo por parte do vigoréxico Ansar, uns aniños atrás. Pero haberá que superalos e botarlle un ollo. A ver se me impresiona tanto como a biografía de Negrín que papei hai uns meses. Apertinhas!