Caxigalines nella Reguera'l Campizu

26 gennaio 2009

O CAP (THE RETURN)


Para poder impartir clases en ensino secundario público hai que facer a partir de agora un máster, de 60 créditos. Todo un ano académico. A Xunta decidiu hai uns días establecer 200 prazas en cada unha das universidades para acoller aos recén licenciados en tales mestrados chamados de secundaria. Esas 200 cadeiras están distribuidas por especialidades cun reparto análogo ás prazas que este ano teñen previsto quitar no concurso-oposición de verán. Os prezos anunciados serán públicos, que quer dicir máis baratos do esperable neste tipo de ofertas educativas, pero algo máis caros que os propostos para o grao: entre 1000 e 1500 euros de matrícula. 
O propósito consiste en substituir o CAP, unha desas reliquias infames, que non contaba con máis aceptación ca dos promotores da idea e de falsamente ilusos profesores que a impartían, contra a inmensa maioría que renegaba ou blasfemaba mentres cumpría cos requisitos con irritación e indignado aborrecemento. 
A idea de substituir algo desprezable pode parecer a primeira vista plausible, pero habida conta da xenreira acumulada durante décadas contra unha inutilidade semellante levanta de forma inmediata sospeitas. E, en efecto, unha lectura rápida á proposta presentada dun máster prolongado a un ano enteiro anuncia continuidade co anterior, pero multiplicada polos créditos correspondientes. 
Se aquela barbaridade, estéril e irritante, continúa agrandada podemos ir preparándonos para o delirio. Polo que vin, o horror psicopedagóxico non desaparece.

3 commenti:

Anonimo ha detto...

Todo o que funciona mal é suceptible de empeorar.

Anonimo ha detto...

Ó único xeito que se lles ocurre de arreglar as cousas é outra ración de nova e absurda burocracia.

Anonimo ha detto...

El fracaso del C.A.P. no es consecuencia de la escasez de tiempo, sino del hecho, difícilmente refutable, de que los pedagogos no tienen ninguna técnica útil que enseñar a los futuros profesores de secundaria. El otorgar más tiempo a esos pseudoexpertos sólo hará más vastas sus vaciedades.