Caxigalines nella Reguera'l Campizu

9 gennaio 2009

EUDORA WELTY


As fotos de Eudora Welty evocan un tempo de crise, pero sobre todo de desigualdade e miseria. Coa imposición de títulos coma o de Madonna with Coca Cola, que parodia a redención e coloca a estes desherdados como únicas e verdadeiras víctimas, Welty desvela o escuro pasado da terra. A fotografía fermosea a tristeza, pero compón con esas facianas unha nova mitoloxía da efímera felicidade. 

1 commento:

Marcos Valcárcel López ha detto...

Ese proceso de enfeitamento da miseria, consciente ou non, deuse en moitos fotógrafos contemporáneos. Creo lembrar unha polémica semellante coas fotos de S. Salgado...