No seu novo e magnífico discurso de toma de posesión, coa retórica despregada con todas as súas pompas (como non lembrar "The words have been spoken during rising tides of prosperity and the still waters of peace. Yet, every so often the oath is taken amidst gathering clouds and raging storms"?), Obama volve recordar as súas bêtes noires: os cínicos. Ao lado da insólita aceptación do fracaso colectivo, en seguida superado coa enunciación das vellas palabras que constrúen o imaxinario nacional (coraxe, sacrificio, traballo, esforzo, liberdade), Obama amosou, co auxilio da cámara que apuntou sen pretendelo ao GWB, o rostro inconcreto dos obstáculos: ese grupo indefinido ("There are some who") que atende polo nome de cynics: "What the cynics fail to understand is that the ground has shifted beneath them - that the stale political arguments that have consumed us for so long no longer apply".
Os estudiosos da retórica recoñecemos a súa grande elegancia, á altura dos máis grandes. O predicador Obama que move, encende e apasiona terá que facer algo xa está tarde. A arenga estivo ben: a tropa semella suficientemente convencida. Veremos que depara el combate.
6 commenti:
Pero imos ver, ¿o mérito non será do que lle fai os discursos? ¿ese mociño que saía nas fotos estes días?
Bueno, é que se chega a dicir isto:
Your old road is
Rapidly agin'.
Please get out of the new one
If you can't lend your hand
ou isto outro
Come senators, congressmen
Please heed the call
Don't stand in the doorway
Don't block up the hall
xa sería a hostia. Barac Obama, Back to the sixties.
Do discurso de Obama gustoume, ademáis dos recursos retóricos, a asunción, sen complexos nin mirixiquerías, da profunda crise na que se encontra o seu país. Canto (non) terían que aprender outros desta banda do océano.
Creo que non pode funcionar un sistema económico que basea a prosperidade dos cidadáns no incremento ad infinitum do consumo, sobre todo se temos en conta que as desigualdades económicas entre individuos e nacións persisten.
Está disposto Obama, por moitas invocacións a Deus que faga, a cambiar este sistema?
Parece que comenzó por el principio, al menos en lo que a gestos se refiere, y mandó parar lo de los juicios en Guantánamo.
Me da por pensar que, con ese gesto, pretende decir que aquellos no eran juicios ni farrapos de gaitas.
Lo de cerrar aquella ominosa cárcel puede que ofrezca más dificultades, porque tendrá que "reubicar" a sus moradores y, por lo que he leído, no está tan fácil.
Si hay algo esperanzador es que, a pesar de que el discurso principal de todo presidente tiende a dirigirse a sus paisanos, Obama se esforzó por dar una imagen de preocupación por el papel de los EE.UU. en el resto del mundo, abogando por la igualdad basada en las ideas y no sólo en la fuerza.
En fin...
Vexan nesta entrevista as lúcidas observacións que fai José Luis Sampedro.
Entrevista a José Luis Sampedro
- Este sistema de vida occidental vai acabar: medo, levantamos murallas, este desenrolo non se pode soster (o que destruímos da Terra xa non se pode rexenerar)
- Esta crise é un síntoma deste desmoronamento xeral.
- Este sistema non o van cambiar
porque os que poden modificalo non queren e/ou non poden. Aos poderosos non lle alcanzan estes problemas (falta de auga, fame, sobrepoboación, cambio climático, etc). Para o luxo non hai crise.
- Antes estudiábanse as necesidades e a ciencia buscaba prdutos para satisfacelas, Agora primeiro invéntanse os produtos (medicinas) e logo búscanse as necesidades (por exemplo enfermidades novas)
¿Un escéptico tamén entra na categoría de cínico?
Posta un commento