Caxigalines nella Reguera'l Campizu

18 febbraio 2008

MEDO E PALABRA


Teño medo de moitas cousas que, ás veces, podo disfrazar de fobias, que é verba máis aristocrática. Pero teño medo. Medo a voar. Medo aos abismos. Medo a caer. Medo aos encoros, sobre todo á parte que da á auga embalsada. Medo a auga embravecida do mar. Nunca arrisco. Nin o máis mínimo. Nunca fago ningunha cousa (teño prohibida calquera atracción, agás os coches de choque) que ofreza perigo. Non me gusta. Evito calquera situación que poida comprometerme.

O único risco que corro é sempre froito das miñas palabras. Con elas non teño medo.
[A batalla de Anghiari de Leonardo da Vinci por Rubens]

14 commenti:

torredebabel ha detto...

e non é pouco risco, dende logo!

Doniña ha detto...

Temos medos comúns, voar o primeiro, as grandes cantidades de auga tamén, e algún outro hai por aí, pero o medo que máis me ten condicionado é o medo ó propio medo.

Xoan da Coba ha detto...

Xa viron o que dixo o PUnset: que a felicidade consiste em non ter medos.

occam ha detto...

Sr. da Coba. roboume o argumento. De todolos xeitos concordo con torredebabel que a palabra é o que máis perigo ten de todolo que sinalou

r.r. ha detto...

A min rouboumo torredebabel, e polo que se ve coincido con Occam, dicir o que un pensa (no seu caso é así mentras outros se/nos limitan/-amos a opinar) non é pouco risco.

apicultor ha detto...

Pois a min roubáronme vostedes todos os argumentos.

arume dos piñeiros ha detto...

Pois podo asegurarlles que o de pasar por un encoro é para mín a peor das experiencias. Agora co tranquimazín supero o medo a voar (daquela maneira, digamos), pero o medo ás alturas impídeme subir por exemplo á Torre Eiffel que me dá vértigo con só mirala desde abaixo.

occam ha detto...

e non andará vostede todo o día mareado? O digo polas alturas intelectuáis nas que está instalado. Eu só de miralo xa teño maniotas na caluga

ARUME DOS PIÑEIROS ha detto...

Se ten maniotas, amigo Occam, nada mellor ca unha sesión no Spa do centro comercial de A Laxe que tanto lle gusta.

apicultor ha detto...

A vista desde a Torre é excelente, e subir até o final unha experiencia. O malo é a cola que hai que facer: un mínimo de dúas horas. Eu xa a fixen un par de veces, unha por min mesmo e outra por levar a miña prenda. Espero non volver facer cola nos próximos anos. Iso si, seguirei acudindo a París coma sempre, cada dous ou tres anos, e mesmo me achegarei á Torre, única e impresionante.

arume dos piñeiros ha detto...

Quen me dera! Co que me gustan as miradas de paxaro. Teño que conformarme co Google Earth.

apicultor ha detto...

Supoño que fronte a un acantilado (cantil?) ou un precipicio, debe ser todo un poema a lividez da súa cara.

arume dos piñeiros ha detto...

Non lle sei o que é iso. Nunca cheguei a menos de cen metros da insinuación do abismo.

apicultor ha detto...

Pois si que lle é algo preocupante o asunto. El non terá que ver con algún medo atávico de orixe infantil? Dígoo sen ironía.