Caxigalines nella Reguera'l Campizu

15 febbraio 2009

PIZZERÍA DE CULTO: LA PICCOLA ITALIA


Tras uns meses de perda e abandono, hoxe, por fin, recobramos o norte. Aquel día diante da Lanterna pechada (agora convertida no cumio estratosférico do pijerío local, a piques da autoparodia), sentimos o desamparo. Un par de informacións unidas pola intuición fixo que hoxe percurásemos pola rúa Jenaro de la Fuente un pequeno local italiano, apelidado bocatería ou algo así. O achádego foi moi doado: alí estaba, coa súa dona, Diego de Imperia, provincia de Genova, exercendo de pizzaiolo. E alí, como non, traballadas con mestría e agarimo, as mellores pizzas de Vigo. Saudounos con entusiasmo (e coa man chea de fariña) e comentounos o ben que lle ía na nova dirección. Contounos os últimos avatares da súa vida e entregounos unha quattro stagioni, unha parma e unha prosciutto e funghi que aínda agora estou larpeirando. Promete contra o verán gelateria e terraza. Aínda que queda un pouco lonxe, haberá que frecuentalo de aquí en adiante.
Longa vida á LA PICCOLA ITALIA, a miña nova pizzeria de referencia

6 commenti:

Anonimo ha detto...

E a pizzas de Il Pastificio de Rosalía de Castro non merecen a súa aprobación?

Un saúdo. Moi entretido o seu blog.

Manuel Ángel Candelas Colodrón ha detto...

Refírese aos da Tagliatella? Non están mal as pizzas. A pasta hipercalórica e pesadísima. Ese costume entre arxentino e hispánico de encher de queixos miles ou bechameles ou natas a pasta é un horror. Os Chicotes van polo mesmo camiño: contundentes para dar de comer ao famento, pero infames para admirar a comida italiana.
Para pastas, O Vesuvio.

Anonimo ha detto...

As pizzas, cando menos queixo requentado e rebrandecido teñan, mellor.

N'efeito. Bárbaro é ese gusto, estranxeirazante a todas luces, de ciscar metros cúbicos de queixo, nata ou bechamel sobre tuta cuanti pasta, pizza ou filloa-crepe.

Para a pasta, o ideal é o pomodoro. E canto máis rabíe, mellor.

As pizzas boas son as que lle quitan o gusto soso: alcaparras, olivas pretas, etc.

Agora está de moda, nos países "de nuestro entorno", poñerlle Nutella (ou sexa, Nocilla) a pizzas e filloas. En fin, para gustos pintan colores. Onde estea un bon mel courelao ou uns bos chourizos fritidos, que se quiten as andórmenas do chiculate.

Anonimo ha detto...

Non é problema de estranxeirización da pizza e sobre todo da pasta (reinventada varias veces en distintos países e zonas mesmo de Italia), senón de equivocación maiúscula.
É como tomar callos con garbanzos. Un erro.

Anonimo ha detto...

Aí falou, arume, aí falou. A quén cojones se lle ocorreu semellante barbaridade? E sabía que inda hai xente que come os garbanzos e deixa os callos, como se non estiveran alí máis que para darlle sabor?
Home, non me diga... Nin puta idea. Qué falta de ignorancia máis grande. Coas pizzas que fagan o que lles pete, pero cos callos... nin tocalos!

Nuca ha detto...

así que era él....