Caxigalines nella Reguera'l Campizu

9 aprile 2008

BARES DE VIGO: FILIPO

Filipas? é a nosa consigna eseemeésica. Iso pretende averiguar se hai tertulia pola mañán cedo no Filipo, a nosa cafetería de primeira hora. Atendida por unha rapaza habaneira e por un arxentino do Boca, ofrece uns churros artesanais (un dicir: fanos eles e punto) para acompañaren o grolo diario de cafeína en vea. Ten unha decoración levemente cool, co sucedáneo de wengé en mesas e chan e unhas cadeiras de cores pops. Ten dúas pantallas televisivas, coa música ben baixiña. Está sempre cheo polas mañáns: os homes e, sobre todo, mulleres das oficinas próximas brequean a morning para tomar alí o(s) seu(s) pitilliño(s). Os da Radio Nacional tamén veñen por alí e comentan as novidades. Poñemos a lingua a pacer e laretamos sobre o humano (o infrahumano por riba de todo, aínda que pareza unha contradicción) e sobre o divino, esto último sempre coa inevitable pulsión pornográfica que non ven ao caso.
En fin, que quentamos motores. Ou sexa: Filipamos.

13 commenti:

Anonimo ha detto...

E cantos churros se mete diariamente entre peito e espalda?

Nuca ha detto...

Arumes, non lle responda ao Apicultor. É unha porcallada de pregunta. Non pique.

Anonimo ha detto...

Qué casualidade!!! eu adoito ir cedo na mañanciña a esa cafetería. Antes iba ao Reca epro o fume e os decibelios xerados polos clientes eran insoportables. Ademáis tiñan na tele posto sempre 40latinos cuns jichos e jichas en plan reguetón que xa che facían escomenzar o día acelerado.

O Filipo ten moita máis clase. Vese moita profesión liberal nas cadeiras. Liban o café un ratiño breve e vanse a producir

E digo eu. Vos non seredes uns lacazáns que se tiran dous turnos o máis (o turno do café das nove e o coffee break das 10,30) sentados a falar de política?

Nuca ha detto...

Sr. Anónimo. Vou desvelarlle que eu son un dos da tertulia matutina. Estamos o tempo xusto para por en orde o país. Nin un minuto máis.

É certo que as veces acontece que os problemas son máis complexos e requieren certa adicación adicional.

Saiba vostede que en gran medida somos os responsables da proberbial armonía ca que governa o bipartito, pois xa empeza a ser coñecido que algúns dos presentes teñen gran ascendencia sobre xente importante da Xunta; e ata non me enganaría se citara ao mismísimo presidente.

Con todo teño que recoñecer que estamos faltos de novas incorporacións que enriquezcan estes momentos de pensamento crítico matinal. Por exemplo, eu boto en falta un Bispo na tertulia. Así que si alguén coñece a algún disposto que se poña en contacto con nos

Anonimo ha detto...

Non se tire Occam, menos lobos. Eu o que vexo son uns tipos que se ensarillan a falar de chorradas descomunáis.

Por certo da única política que lles oin falar con certo sentido e da universitaria.

Estas dúas pistas e mailo horario fanme pensar que son vostedes os típicos funcionarios diletantes

Nuca ha detto...

Arúmes dígalle algo a este tipo.

Ademáis saiba que xa sospeito quen é vostede. É o malencarado da barra nonsi?

....Teño moi mala leche

Anonimo ha detto...

Deinsde a Cusunta de Galizaia, en nome de todos os galegos e galegas, doulles os miños parabiéns pola súa labor de perneira dos problemas do país e a elaboración de completos estuduos informativos que nos son remitidos en deuveleses de longa duración e que serven, por unha banda, para artiellar a actuación diaria do noso gobierno, e, por outro bando, para definir as políticas de futuro do noso goberno de progrieso.

Un afeictuoso saúdo dende San Caetiano.

Torito (para vós, amigos) Quin quería escribirvos pero mandeino a Madrí cun asunto de tráfico debaxo do briazo a ver se o trincan na Audiencia Nacional.

Anonimo ha detto...

Ou sexa, colixo pola súa intervención, señor Occan, que é vostede quen lle pon un churro ao señor Arumes todas as mañáns, para que comece contento o día. Porque, ademais, flipa.

Nuca ha detto...

Api...por favor. Que vai pensar a miña muller e a súa (a de Arumes, claro)

Anonimo ha detto...

Groseritos.

Anonimo ha detto...

Cale, señor Occam, que ten moito que calar, explotador: non nomea ás súas santas esposas por motivos que agora se confirman nun sesudo estudo.

Tener marido genera siete horas más de labores domésticas

Reuters - sábado, 5 de abril, 14.09NUEVA YORK, EEUU (Reuters) - Unos investigadores de la Universidad de Michigan han encontrado la respuesta a por qué tantas mujeres casadas tienen tanto trabajo en casa: por sus maridos.

Un estudio efectuado por la entidad demuestra que tener un cónyuge genera siete horas extra de tareas domésticas a la semana para una mujer. Sin embargo, una esposa le ahorra una hora de tareas en el hogar a su marido cada semana.

"Es un patrón muy conocido. Hay una reasignación de las labores en el matrimonio, donde los hombres tienden a trabajar más fuera de casa mientras que las mujeres ejercen más labores domésticas", afirma Frank Stanfford, del instituto de Estudios Sociales de la Universidad de Michigan, quien dirigió el estudio.

"Y esta situación es peor para las mujeres que trabajan", agregó en un comunicado.

Los descubrimientos de Stafford fueron obtenidos al estudiar una base de datos de 2005 sobre el empleo del tiempo que había comenzado a realizarse en 1968 en el instituto.

Los investigadores estudiaron registros para evaluar cómo pasaban su tiempo las personas e interrogaron a hombres y a mujeres sobre cuanto tiempo pasaban cocinando, limpiando y haciendo tareas básicas de la casa.

El estudio reveló que las mujeres solteras y jóvenes realizaban menos horas de trabajos en el hogar, alrededor de 12 mientras que las casadas de entre 60 y 70 años llegaban a realizar casi el doble. Las mujeres con más de tres hijos llegaban a pasar 28 horas a la semana limpiando, cocinando y lavando.

Sin embargo, las cosas no están tan mal como antes ya que en 1976 las mujeres realizaban un promedio de 26 horas de labores domésticas mientras que los hombres hacían 6 según el estudio.

Anonimo ha detto...

Pego enlace do bar:PREMER.

Anonimo ha detto...

¿Farturas?