Caxigalines nella Reguera'l Campizu

18 ottobre 2007

SKATING RINK



Despois de deixar as bolsas do Fairway no apartamento, decidimos dar un paseo por Central Park, a uns cincocentos metros da casa sen cambiar de beirarrúa. Camiñamos un pouco pampos, cos ollos abertos e atentos a cada movemento na rúa. Case non falamos. Desde ao lonxe e ao final da rúa, víanse as ponlas das arbres núas, coa silueta do Dakota á esquerda. Quedamos un rato mirando aqueles famosos tellados verdes e cruzamos para o parque a través da seara chamada Strawberry Fields, en honor a John Lennon, asasiñado naquel mesmo lugar, perto do seu apartamento no edificio maldito onde tamén Polansky rodara Rosemary's baby, traducida ao español co desvelamento de toda sorpresa: La semilla del diablo.
Os esquíos saltaban a cada paso pola herba dura do parque, xiada polo inverno e tocada nos sitios máis umbríos pola mesma neve caída durante a semana anterior á nosa chegada. Facía un sol un tanto morno, que preludiaba a primavera, pero comprobamos que bufandas e puchas seguían a ser indispensables. Quedaramos cos nosos amigos na pista de patinaxe. Alí entramos. Alugamos os patíns e comezamos a esvarar sobre o xeo coa impresión de ter estado alí miles de veces. O impacto da chegada ía amainando e unha lene sensación de familiariedade foise acubillando no noso corpo coa marca superficial dun infatigable sorriso. Foi ese o primeiro momento en que decidín cantar polo baixo a todo volume o newyork de Sinatra. Naquel momento tamén desexaba bicar a todo o mundo. E, por suposto, así o fixen.

5 commenti:

APICULTOR ha detto...

É de supoñer que, como gran lector de poesía, faría caso do verso de Octavio Paz:

"Don´t cross Cental Park at night"

(Poema, por certo, moi ben cantado por Loquillo e musicado por Sopena)

Lula Fortune ha detto...

Pois sabe que cando eu estiven en NY, falei con Yoko Ono? Máis ben debería decir que ela falou conmigo porque eu aturullei tanto, que só lle sorría feita un manoxo de nervos. Que mistura de morriña e envexa me dan estes posts!!!!. Bicos neoiorquinos.

Xoan da Coba ha detto...

unha canción:

Nova Iorque,estado mental

Xohan da Coba ha detto...

Lula fortune,non lle déu algo de John Lennon?

Xohan da Coba ha detto...

Vai unha canción:

WOMAN