Durante este cálido mes de xullo, amaina a actividade escritora para deixar que a palmípeda ocupe o seu lugar. Empregar as mans para avanzar (e retroceder: sempre pouco iso si) entre as olas algo temibles de Patos ou entre a auga limpa e tranquila de Castiñeiras resulta preferible a este exercicio de teclear pensamentos. Se, por riba, andan os meus queridos primos de Mieres, Xosé Lluis (a quen chamamos por antonomasia Colo, por apócope do seu/meu apelido) e Chiti, por estes marabillosos areais, coas súas risas e as súas palabras de afecto e emoción, cancións de Mina incluidas, pois a felicidade resulta completa.
Hai que ir preparando esa visita a Muniellos.
3 commenti:
L.leguémos bien, n'Ourense hubo 40 º c y tol camín falemos de lo bien que mos cuidesteis...Asina siempres mos queden les ganes de tornar.Pero la siguiente sois vos los que vendréis coles botes pa ver al osu.
Bañémonos, cenemos ya .. Merquémos el tren a Madrí y l'hotel y ya ta too preparao pa les vacaciones.
Tá too iguao ... tamos contentos y ... mui mal se nos tien que dar esta noche...un abrazu perfuerte de Chiti y Colo.
Co permiso dos seus primos: Que está a pasar aquí, don Arumes? O Brétemas Bragado que se "Galicia, un estado de desánimo", o Apicultor pensando seriamente en retirarse ás fragas do Eume, o Saavedra anugallado e que se "cando chegue setembro" e tempos "francamente ominosos", e vostede coa "actividade escritora amainada", amortecida, devecida. Xa non lle digo nada de "Contra la resignación" do Oráculo de La Voz. Pero que es esto, hermanos blogueros? Todos "depresionados" ou que? Aquí os únicos que de verdade estamos mais activos que nunca e temos ganas de comer o mundo e salvar España (desde ópticas opostas, anta-agónicas) somos o Fraga e mais o detective. Se o tolle o desánimo e quere que a actividade escritora se manteña no cumio da brillantez á que vostede a levou, escolla para dous ou tres días (que de mais non dispoño) entre O´León de Vilalba e o home dos crepúsculos o "negro" que lle resolverá o amainamento. Eu prométolle non falar de nacionalismos, nen do xogo combinativo e posesivo do Barça, nen das estratexias amuralladas do Mouriño. Fraga ten sobre min moitas vantaxes, unha delas é que o outro día vin como Paulo Coelho o levaba na cadeira de rodas, e aí si que non chego. Pero a decisión é sua. Se non me escolle a min, non se preocupe, retiróme tamén para as fragas do Eume co Apìcultor e cos bichos do Flórez.
O abrazo perfuerte trouxome recordos da riqueza do idioma que apañamos de aquí e de acolá, pero sobre todo da intensidade da calor que vai e que alimenta. Aínda que parece que invita á nugalla, tamén invita ao desexo e ao pracer incendiario.
E, amigo alma de negro, sinto esa súa decepción provisional, pero estou lonxe de desánimos e de resignacións. Estou estes días pensando en como encetar un post de resumo de circunstancias, pero certo que a nugalla de praias e primos resulta moitas veces insuperable. Teño gañas de deixar claro que os momentos críticos son sempre propicios. Nestes días previos ás vacacións tentarei argallar algunha "cosuca".
Posta un commento