Caxigalines nella Reguera'l Campizu

1 agosto 2010

ARRIVEDERCI: CHIUSO PER FERIE

A poucas horas de me marchare ás toscanas do sul, ilustro con palmeira autóctona galega esta tarde de domingo canicular de entre meses. Teño intención de darlle á tecla de cando en vez para contar os pormenores da estadía, pero tamén teño a intención contraria. Deixa ver. Polo de agora, acumulo os niquis ao fondo da mala, un par de pantalóns curtos, uns tenis e unhas andalias, dous gaiumbos de quita e pon, o speedo tamén de quita e pon, o minúsculo nécessaire e un libro que non lerei.
Escoito agora a Lisa Germano mentres baixo as persianas deste cuarto. Ata a próxima: un saúdo moi pero que moi caluroso para todos os que me ledes, coas miñas máis sinceras gracias.

1 commento:

ÁdPV ha detto...

Non ten nada que ver co asunto do presente post, pero nun comentario a un post seu (http://arumes.blogspot.com/2010/03/futboleiro.html) do pasado marzo atrevinme a suxerirlle a lectura do relato de Roberto Fontanarrosa "19 de diciembre de 1971".
Como parece que a vostede lle gustou a miña suxestión, atrévome agora a aconsellarlle a película de Alfonso Cuarón "Rudo y Cursi" (http://www.imdb.com/title/tt0405393/) (http://www.youtube.com/watch?v=zAMlwcJchoQ). Para os que disfrutamos con fútbol, a literatura e o cine (non necesariamente nesa orde) é unha alfaia, en especial os 50 primeiros segundos ata que sae o cartel co título. Son dunha beleza sublime. Xa me contará.