Caxigalines nella Reguera'l Campizu

24 agosto 2010

CHILDREN OF CORN

Tras unha enteira comida, nunha terraza, con catro cativos que non paraban de escaparse para non comer, de berrar cando lles petaba, de tirar as sillas, de xogar entre as mesas a squarciagola, de zoscarse entre eles, de chorar de cando en vez, de dar en definitiva a lata a todos os demáis comensais e, tras o enésimo golpe na cara dun deles a outro e o conseguinte aturuxo do agredido, o pai do agresor (as nais foron as encargadas de darlles de comer aos pícaros/as: outra constante neste tipo de esceas) colle ao neno e, mentres o leva aparte, dille con voz tenra e delicada: "Imos pensar, imos pensar".
Tras unha hora de tocar os narices a un bar enteiro, o pai non ten outro recurso que levar ao seu fillo cara unha parede e dicirlle que se poña a pensar? A pensar que? Supoño que no "imos" tamén ía el incluido.

4 commenti:

AdPV ha detto...

Supoño que o de "imos pensar" é ese "castigo" tan de moda do "curruncho de pensar": un sitio (na casa un lugar fixo) onde os cativos reflexionan e fan toda a análise de conciencia do que son capaces... e os pais quedan en paz.
E o da voz tenra e delicada do pai é como debe ser. Que esperaba entón? Que lle berrara e tamén zoscara? Daquela que exemplo lle estaría a dar?
Con todo, é ben certo que estar en determinados lugares en determinados momentos con rapaces a montar leas e balbordos é unha lata, pero xa dixo un home famoso hai arredor de 2.000 anos "Deixade que os nenos se acheguen a min" (por certo, seguro que algún pensará no recurso doado -e de mal gusto- de "mira ti que ben seguen o consello de deixar que os nenos se acheguen os curas de agora).

Anonimo ha detto...

Se non fose porque me consta o seu dominio do italiano, pensaría que caeu nunha confusión homófona, por outra parte moi frecuente para os non italianos. Decátase?

Dese pai habería algunha cousa que dicir...

arume dos piñeiros ha detto...

Non o dirá polo de cativos?

Anonimo ha detto...

AdPV: Despois dunha hora dando os nenos o coñazo, a quen habería que darlle unhas hostias era ao pai.