Non é necesario ser un López Chaves para se dar de conta do atropello estético que supón colocar esa parede de cemento armado diante dunha das fachadas de edificio máis extraordinarias de Vigo. Non había outra forma máis subtil para remediar este atentado? Non hai outro lugar onde abrir unha escaleira ou un ascensor aos aparcamentos que non sexa diante desta preciosa e singular arquitectura viguesa? Costa tanto pensar un pouco?
1 commento:
Pois iso mesmo pensei o outro día que pasei por diante. Unha chafallada máis para a cidade. Non pararemos nunca?
Posta un commento