Caxigalines nella Reguera'l Campizu

8 ottobre 2010

A NAI DYLANIANA


A nai do artista antes chamado Chiquito de la Highway 61, para o século César Candelas, agora cantante de QCP, é unha das persoas deste universo mundo que máis veces escoitou a Bob Dylan, xa que sumou ás audicións eternas do irmán do interfecto as do propio Chiquito durante as vintacatro horas do día, durante os sete días da semana e durante os doce meses do ano durante os case corenta anos que leva instalado o de Duluth na atmósfera de casa.
Hoxe estará contenta de que tantos anos de satisfactorio padecemento involuntario teñan algún tipo de recompensa: ver no seu xornal que tantas doses de Zimmerman pagaron a pena.

2 commenti:

Anonimo ha detto...

Hai algúns anos pregunteille aos pais do Arume e do Cesarín como había que educar para conseguir dous rapaces tan espelidos, educados e festeiros (ademais de guapos, que todo hai que dicilo). Respondéronme que non había que facer nada, só ter sentido común.
O seu sentido común tivo que ser inmenso, vistos os resultados.
Moitos parabéns por tantos logros (tamén aos pais dos artistas pola parte que lles toca)
Lorbaga

Turmano ha detto...

Moitas gracias polo que me toca, pero moito me temo que os meus pais tiráronse da moto: co sentido común non chega. Dígollo eu.