Cada día que pasa a impaciencia morde. Hoxe menos mal que Chico Buarque cuns amigos ben noviños dan unha alegría ao corpo cunha das primeiras sambas, por non dicir a primeira. Sirva para darlle arranque ao capítulo do Carnaval iolandesco zuñigueiro:
Corenta días exactos antes da pascua retiranse centos de sinais de tráfico, semáforos en ámbar, papeleiras con mondas de plátano, terrazas de mobiliario plástico vermello con serigrafía branca do logo da Coca-Cola, trinta e tres bicicletas, vinte minibuses ilegais, dezaoito coches desvalixados, apártanse toldos, pérgolas que impidan o paso dos escenarios móbiles, destrúense os dormitorios caducos dos habitantes das beirarrúas e caixeiros e viadutos, custódianse espazos axardinados, enclaves turísticos, postos trashumantes e refuxio nómades...
Nessun commento:
Posta un commento