Caxigalines nella Reguera'l Campizu

7 ottobre 2010

QUEREMOS TANTO A VARGAS

Tendemos a identificar a literatura coa ficción. De resultas desta simplificación, un poeta de apenas, poñamos, dez mil versos, que xa son moitos versos, acaba por codearse en rango con escritores que apañan novelas, contos, artigos, ensaios, biografías, semblanzas, prólogos, comentarios, discursos, tratados, libelos, leccións, sobre calquera asunto e tema: economía, sociedade, historia, política, costumes, poesía, cine, sexo. Non nego que ambos se dedican á literatura, pero uns, estes últimos, creo, con máis ambición poética, con máis envergadura intelectual.
Pode que un prefira ao poeta que xunta versos e palabras coa sabiduría do artesán que coñece a fondura das emocións do individuo. Para os que aman, coma min, este tipo de lecturas, o pulso dunha frase, apenas dun sintagma, é suficiente para acadar a gloria, unha pequena pedra nas abas do parnaso, nada desdeñable. Pero o que, ademais de probar esa estratexia miuda de amasar apenas catro palabras, entrega o seu esforzo a escribir argumentos trabados, ideas coherentes, artefactos narrativos complexos, edificios especulativos sobre a humanidade e sobre o tempo que lle toca por vivir, hai que recoñecer que algún fito senlleiro, algo máis destacado e sobranceiro, nesa montaña en dous cumios dividida debe ter.
Vargas Llosa pertence a esta estirpe: a dos xigantes imbatibles da Literatura.

1 commento:

Ana Bande ha detto...

completamente de acordo