Caxigalines nella Reguera'l Campizu

1 febbraio 2011

DEOLINDA


Deste Portugal no que convivimos tomo a Deolinda, outra marabilla desa terra de marabillas musicais que non cesan. Alén dunha voz arraigada na tradición inigualable do fado (que permite entregarse a outros xéneros con idéntica excelencia), os músicos desta agrupación extraen dun par de guitarras, punteadas e contrapunteadas en agudos, con acompañamento ocasional dun contrabaixo lizgairo, belísimas cancións, tanto no seu anterior disco (un clásico, seica, en Portugal), Cançao ao lado, coma neste último, unha gozada de arriba abaixo: Dous selos e un carimbo. Letras cheas de vida e entusiasmo, que convidan mesmo a danzar para a rúa, como Um contra o outro; versos con retranca doméstica coma os contrapostos de Movemento perpétuo associativo; coplas satíricas contra o portugal prototípico en A problematica colocaçao do mastro; metáforas reinventadas, elevadas pola voz doce e única de Ana Bacalhau, en Passou por min e sorriu.
Andarán o día 12 de marzo por Ferrol. Foi mágoa non ir velos ao Coliseu de Porto, pero esta tarde estanme servindo de longo e profundo consolo para o frío e outras inclemencias.

Nessun commento: